O goberno local de Nigrán proporá un novo plan de axudas directas á hostalaría do municipio ante a persistencia das restricións sanitarias que limitan directamente o traballo do sector. Esta nova convocatoria, na que xa se está a traballar para poder levar as bases ao pleno de marzo, súmase á actualmente en vigor por importe total de 120.000 euros con cargo ao Remanente de Tesourería e cuxo prazo de solicitude remata o 17 de febreiro (pode consultarse na web municipal e sede electrónica). O obxectivo do Concello é ofrecer novamente unha subvención directa de 1.000 euros para os negocios do sector afincados na localidade e 750 euros para os desempregados sen ningún tipo de prestación desde o peche forzoso de novembro.
“A situación segue a ser de extrema gravidade e o Concello de Nigrán é completamente consciente, por iso apostamos por esta nova iniciativa que o que busca é que, pasada esta situación sanitaria, os establecementos poidan seguir adiante xerando riqueza para Nigrán”, explica o alcalde, Juan González, quen esixe moito maior compromiso á Xunta de Galicia. “Non entramos a criticar se o peche é preciso ou non, pero a administración que o decreta debería activar obrigatoriamente e de xeito simultáneo un plan de axudas potente que compense ao sector. É moi significativo que unha institución moito máis pequena e con menos competencias, como é o Concello de Nigrán, outorgue o dobre de axudas que a propia Xunta co sacrificio que iso supón para as nosas contas”, incide.
Paralelamente, o goberno local levará ao Pleno ordinario do 22 de febreiro unha modificación do criterio da convocatoria en vigor para que tamén poidan beneficiarse os autónomos non empadroados en Nigrán pero con negocio no municipio, tal e como xa se contempla no caso de que as solicitudes sexan de empresas. “Somos coñecedores xa de tres persoas nesta situación na que non caímos e o ímos corrixir porque non queremos prexudicar a ninguén; os negocios hostaleiros de Nigrán tributan no municipio e xeran emprego nel, ese ten que ser o único criterio porque o que queremos que sobrevivan todos á pandemia”, explica o rexedor, quen aclara que se abrirá un novo prazo de solicitude máis breve para darlles cabida e, en calquera caso, se resolverá todo á vez.
O Concello de Nigrán aprobou no pasado pleno de decembro as bases da convocatoria actual, sendo a primeira administración municipal da área en facelo. Agora, desde o Goberno local traballan xa nesta segunda convocatoria para que poidan aprobarse as novas bases no pleno de marzo. Os criterios e contías serán moi similares, sendo as persoas beneficiarias autónomos do sector afectados polas restricións que entran en vigor mañá e traballadores por conta allea empadroados en Nigrán sen dereito a ningún outro tipo de prestación e que perderon o emprego no peche total de novembro, independentemente de que o establecemento sexa ou non do municipio . No caso dos autónomos a axuda é compatible con calquera outra que establezan as distintas administracións.
A maiores, o propio rexedor confirma que manterá neste ano a bonificación do 75% da taxa por terrazas (máximo permitido por lei) e, adicionalmente, continuará co plan de apoio a artistas locais mediante a súa contratación para dinamizar o comercio de proximidade e animar a programación cultural de Nigrán, especialmente durante o verán ou en festividades.
“Segundo a pandemia evolucione o Concello irá tomando as decisións correspondentes, enfocadas todas a salvar o comercio local”, explica González, quen avanza que o Concello continuará coa súa campaña para promover as compras de proximidade no pequeno comercio.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL