A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, e representantes da agrupación de Protección Civil de Salceda recibiron de mans do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, un novo remolque de emerxencias para incorporar aos equipamentos da agrupación de voluntarios e voluntarias.
A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, e representantes da agrupación de Protección Civil de Salceda recibiron de mans do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, un novo remolque de emerxencias para incorporar aos equipamentos da agrupación de voluntarios e voluntarias.
O remolque está deseñado para acceder a núcleos de poboación con vías estreitas, así como para intervir en inundacións ou temporais, e para facelo en condicións seguras para o persoal que o manexe, e sen dúbida será de gran axuda nas intervencións da agrupación.
Protección Civil de Salceda realizou ao longo de 2020 un total de 213 intervencións en accidentes, emerxencias como escapes de gas, verteduras, caídas de árbores, animais soltos, etc, así como en apoio a eventos culturais, deportivos e das diferentes áreas. Ademais durante todo o ano resultou imprescindible o seu labor no ámbito da COVID19, encargándose de dar apoio a persoas vulnerables e/ou confinadas en tarefas como compra de alimentación ou medicinas, entrega de tarefas escolares e outras, así como o seu papel fundamental nos diferentes actos organizados ao longo da pandemia, incluíndo o mercado semanal, realizando tarefas de control de capacidade e vixilancia do cumprimento das medidas de seguridade. Por outra banda, realizaron tarefas limpeza e desinfección de espazos e mobiliario público, e aproveitaban as súas saídas para dar mensaxes de ánimo á poboación e facer máis amena a estancia nas casas, con multitude de solicitudes da veciñanza para que felicitasen aos nenos e nenas que cumpriron anos durante o confinamento. Compre lembrar que se trata dun traballo non remunerado, realizado de xeito altruísta polas persoas voluntarias que forman a agrupación.
A rexedora de Salceda aproveitou a ocasión para adiantar que por vez primeira a Agrupación de Protección Civil contará cunha subvención nominativa nos orzamentos de 2021 nos que xa se está a traballar dende o departamento de Facenda, nunha mostra máis do apoio do equipo de goberno ao traballo realizado.
Gela Ledo, concelleira de Voluntariado agradeceu o traballo contínuo da agrupación. Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda destacou “o traballo de Protección Civil é un traballo impagable, con dispoñibilidade as 24 horas do día os 365 días do ano, e sempre cunha inmellorable predisposición para botar unha man e colaborar en todo aquelo que sexa preciso, polo que dende o Concello faremos tódolos esforzos en que este grupo poida contar cos mellores recursos, conscientes de que mellorar as súas condicións equivale a mellorar as condicións da nosa veciñanza”.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL