O Concello de Salceda de Caselas ven de licitar os diferentes seguros municipais por un importe de 50.788,82 euros, o que supón un aforro para as contas municipais de máis de 12.000 euros anuais.
O proceso dividiuse en diversos lotes, nos que se inclúen 10 vehículos, 15 edificios municipais (ata o de agora eran seis os que contaban con seguro), a responsabilidade civil, a responsabilidade patrimonial do persoal e a corporación, seguro de accidentes do voluntariado e seguro de saúde dunha parte do persoal funcionario con máis de 23 anos de antigüidade, sendo este último colectivo o que supón máis do 50% do total do orzamento de licitación. O Concello de Salceda de Caselas é unha das poucas entidades do país que mantivo a opción de seguro privado para o seu persoal funcionario unha vez desapareceu o MUNPAL no ano 1993, pois a maioría dos Concellos optaron por acoller á totalidade do seu persoal no réxime da Seguridade Social. No caso do Concello de Salceda, o persoal afectado puido escoller entre a sanidade privada ou a pública.
O proceso de licitación viuse facilitado pola adhesión do Concello de Salceda de Caselas á central de contratación da FEMP por acordo plenario adoptado por unanimidade, que a través do acordo marco para a prestación do servizo facilitou unha persoa intermediaria para analizar a situación de partida e deste xeito acadar as mellores condicións posibles, e que tamén se encargou da elaboración dos pregos técnicos e os informes pertinentes durante todo o proceso.
A concelleira de Facenda, Lucía Pereira, sinala que “o proceso de licitación dos seguros iniciouse fai xa case un ano como unha das medidas incluídas no Plan Económico Financiero, e mantivemos o proceso pese a que o PEF deixou de ser preciso unha vez que dende o Goberno Central se deixou sen efecto as regras fiscais para os anos 2020 e 2021, avanzando deste xeito na regularización dos diferentes servizos do Concello”.
A alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, destaca que “o Concello pretende deste xeito seguir a mellorar a súa situación económica e lograr unha maior optimización dos recursos municipais, para o que xa están en marcha outros procesos de licitación como os do servizo de axuda no fogar ou o servizo de limpeza dos edificios e instalacións municipais. Como cargos electos debemos responsabilizarnos da mellor xestión dos recursos públicos, e así o vimos facendo con procedementos como o que agora vimos de rematar”.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL