Na súa cuarta semana en cines, a longametraxe ‘Ons’, dirixida por Alfonso Zarauza, reforza a súa presenza nas salas incorporándose á carteleira dos Cines Pontevella de Ourense e nos Cinexpo de Pontevedra, cidades ás que aínda non chegara a estrea comercial. Tamén chega esta semana a novas salas coma o Cine Teatro Salesianos de Vigo, que a proxectará o 8, 9 e 10 de xaneiro ou o Teatro Municipal Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, que a proxecta os días 6, 7 e 8 de xaneiro.
Ademais, o equipo do filme continúa a facer presentacións por toda a xeografía galega. Alfonso Zarauza acompañará a proxección de Ons en Ourense o sábado 9 ás 20h cunha presentación e coloquio nos Cines Ponte Vella, na compaña do produtor Xavi Font, e o domingo farao no Cine Salesianos de Vigo, na última sesión das 20:00 horas, acompañado dun dos actores protagonistas, Antonio Durán ‘Morris’. Ademais, a sala NUMAX de Compostela acollerá dúas presentacións co director nas sesións do 8 de xaneiro ás 17h e o 14 de xaneiro ás 18:30h.
A longametraxe ‘Ons’ estreouse o 18 de decembro e colocouse como segunda película máis vista nas salas de cine galegas, só superada por Wonder Woman 1984 nos cinemas dos centros comerciais. O público respondeu así de forma moi positiva á estrea deste filme en lingua galega, que se manterá na maioría das salas despois das festas. Neste momento ‘Ons’ está dispoñible en cinemas de Vigo, A Coruña, Santiago, Lugo, Ferrol, Ourense Pontevedra, Caldas de Reis e o Barco de Valdeorras.
O filme, coproducido con Portugal e ambientado na Illa de Ons, é un drama emocional con toques de misterio protagonizado por Melania Cruz e Antonio Durán ‘Morris’. Interpretan un matrimonio en crise, que trata de salvar a súa relación vivindo unha temporada na illa de Ons e que cruza o seu destino co dunha muller amnésica que aparece naufragada na praia. Completan o reparto Xúlio Abonjo, Marta Lado, Anaël Snoek, Miguel de Lira, Diego Anido, Montse Martínez e Cris Iglesias. Na banda sonora do filme destaca a canción ‘Na cela’ do grupo de Carballo Chicharrón, que adapta un poema de Antía Otero.
Trátase da quinta longametraxe de Alfonso Zarauza, un dos cineastas galegos máis sólidos e experimentados, tras A noite que deixou de chover (2008), Encallados (2013), Os fenómenos (2014) e A viaxe dos Chévere (2014). Ons está coproducida por Maruxiña Film Company (Galicia) e Bando à Parte (Portugal) e conta coa participación da Televisión de Galicia (TVG) e da Rádio e Televisão de Portugal (RTP), con subvención de Agadic e coa colaboración da Deputación de Pontevedra.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL