A cinta emprega a desaparición do río Monelos baixo a cidade da Coruña para reflexionar sobre a perda da memoria dun lugar e das xentes que o habitaron. Un percorrido polo río que propicia unha viaxe pola vida de quen conta a súa historia. Un retrato colectivo que fala dos medos e inquedanzas que acompañan o paso do tempo.
Tras acadar tres galardóns na última edición dos premios da Academia Galega do Audiovisual (Mellor Documental, Mellor Montaxe e Mellor Dirección de Fotografía) Esquece Monelos tamén foi recoñecido coa Mención Especial do Xurado no Festival Internacional de Documentais de Madrid, DocumentaMadrid, ou como Mellor Película Galega na XII Mostra Internacional da Cinema Etnográfico promovida polo Museo do Pobo Galego, ademais de participar na sección oficial de festivais como o FIDBA de Bois Aires ou o Festival Alcances.
Despois da estrea a pasada fin de semana en salas de Santiago de Compostela e A Coruña, cidade na que afrontará desde este venres a súa segunda semana consecutiva en carteleira, Esquece Monelos continuará o seu percorrido por cines de todo o país. Así, desde este venres 3 de novembro, proxectarase nos Multicines Norte de Vigo e na Cineteca de Madrid. De seguido, a partir do 11 de novembro, o público de Barcelona poderá ver a ópera prima de Huerta na sala Zumzeig. Estas serán algunhas das citas coa gran pantalla dun traballo que, proximamente, se poderá ver noutras cidades como San Sebastián.
O traballo de Ángeles Huerta une dous modelos de documental aparentemente incompatibles. En canto á estrutura, xoga cun dispositivo argumento no cal os diferentes significados metafóricos dese río soterrado se lle desvelan ao espectador a medida que explora o espazo que hoxe ocupa o río (o real e o lembrado). Con todo, no seu ton trátase dun documental máis próximo á poesía ca ao ensaio. Deste xeito, Esquece Monelos pódese entender como un documental político, unha historia do desarrollismo e do consecuente pacto de silencio sobre a violencia dese proceso e sobre todo o que levou por diante, pero tamén como unha reflexión universal sobre a memoria e as súas trampas, como un discurso médico sobre o deterioro neuronal, ou simplemente como unha historia íntima e persoal do desamparo.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL