A entrada ao Rosal tínguese de cor e mensaxe cunha nova intervención mural realizada pola ilustradora Tamara Baz, unha obra coa que a autora fala a favor da igualdade real e efectiva entre todas as persoas. Este mural é unha das accións da campaña de sensibilización en igualdade do municipio rosaleiro ‘Revolucionando Mentes’, coa que se busca achegar á veciñanza unha nova conciencia social baseada no respecto por todas as persoas, independentemente do seu xénero.
“A información é a arma máis poderosa para cambiar a mentalidade da sociedade xeral, para concienciar á cidadanía sobre a importancia da igualdade real e efectiva e para inculcar un cambio de actitude e resposta ante as diferentes realidades que xiran arredor da muller. Invitamos a todo o mundo a pararse un momento diante deste mural e reflexionar sobre o reto colectivo que temos coa igualdade”, destacou a alcaldesa, Ánxela Fernández.
A obra xa pode visitarse no muro exterior do campo municipal de fútbol, un lugar elixido por ser un acceso moi transitado tanto por peóns como por vehículos e cun impacto visual no conxunto do núcleo urbano. O máis sincero agradecemento de parte do Concello á U.D. Ribera pola súa colaboración en todo momento para que esta intervención artística se fixera realidade. O mural contou cunha subvención da Deputación de Pontevedra para a súa realización e foi inaugurado este mércores coa presenza da deputada de Igualdade, Victoria Alonso, da alcaldesa do Rosal e da propia autora.
Esta intervención convértese así nunha “oportunidade para sensibilizar e facernos reflexionar, revolucionar mentes cara unha sociedade máis respectuosa e empática”, como salientou a artista. Tamara Baz traballou no seu deseño cunha estética “amable e alegre que invita a acoller o tema con optimismo”, empregando formas orgánicas e siluetas que insinúan pero deixan lugar á imaxinación e cun concepto que xira “arredor dunha mente aberta e viva onde caben as diversas realidades sociais, unha mente que evoluciona cara un futuro mellor”.
Dende o Concello optouse por esta forma de arte urbana para continuar coa campaña de sensibilización porque permite mostrar as obras á unha gran maioría, democratizando o acceso á arte e chegando gran parte da veciñanza de xeito libre e gratuíto. Unha ampla difusión coa que se busca facer chegar ao maior público posible a posta en valor da sororidade entre mulleres ante situacións de discriminación por razón de xénero e a afouteza para denunciar e intentar combater estas situacións. Búscase ademais sensibilizar a toda a cidadanía sobre unha problemática real e fomentar accións en favor da igualdade e corresponsabilidade.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL