Co obxectivo de artellar e establecer accións dirixidas a compensar as dificultades coas que se atopan as mozas interesadas no mundo da música, e que impiden que se poidan dedicar á escena logo de rematar os seus estudos, a Deputación de Pontevedra lanza “Descúbre-as“, un programa musical, didáctico e social dirixido a rapazas de entre 16 e 25 anos. Trátase dun proxecto pioneiro en todo o estado que porá en marcha propostas musicais en colaboración con profesionais do sector, escolas de música e produtoras para rachar cos obstáculos existentes no sector musical, vencer as barreiras invisibles e impulsar que as mozas poidan desenvolver a súa carreira coas mesmas oportunidades que os seus compañeiros.
Esta novidosa iniciativa que lanza a Deputación, en colaboración coa empresa Regalamúsica, vestirase de longo este próximo xoves cun grande evento na sede da institución provincial en Vigo. Respectando os aforos e os protocolos Covid19, xentes da música e da escena artística da provincia daranse cita, presencial e on line, nun acto que comezará ás 20:00 horas e que contará con participación de recoñecidas artistas e con actuacións de música en vivo. No evento se darán a coñecer os detalles deste novo programa, destinado a converterse nunha das accións máis potentes do vindeiro ano.
”Descúbre-As” conta con cinco liñas de accións principais, entre elas unha plataforma web (premer aquí), onde é posible coñecer quen integra a iniciativa e as razóns de ser da mesma, así como noticias, entrevistas e vídeos relacionados coa actualidade musical. A web recolle tamén unha sección de videotitoriais con información sobre música e un foro de debate. Amais, tamén se inclúen datos do programa de mentoring e un directorio de contacto a modo de novo mapa creativo da industria musical. Nesta sección, concretamente, visibilízase o traballo e talento feminino que existe na provincia en canto á industria musical e tamén se pon en contacto a profesionais do sector.
Amais da web, haberá un consultorio online no que se dará resposta ás estudantes de música sobre o programa, material gráfico da proposta, así como unha campaña de comunicación para dar a coñecer a iniciativa, os seus contidos e os produtos resultantes. O ambicioso programa de mentoring consistirá no apoio e desenvolvemento de novas propostas musicais en colaboración con profesionais da industria, escolas e produtoras, acompañando ás mozas nos seus primeiros pasos e axudándoas a contactar e familiarizarse co sector. Deste xeito, o programa de mentoring, para o que se pode formalizar a inscrición a través da plataforma web, ofrece ata seis sesións de asesoramento online con expertas da industria musical que axudarán ás mozas a lanzar os seus primeiros produtos, gravar a súa primeira canción e mesmo producir un vídeo-clip en formato profesional.
O programa contempla dúas fases na súa execución. A primeira delas, a máis informativa, contempla todos os contidos online que se recollen na web, como información das artistas musicais femininas da provincia de Pontevedra, unha axenda de eventos en feminino, ou a consultaría online para as usuarias do programa. Pola súa banda, na segunda fase primará a interacción directa coas mozas e contacto coas escolas de música da provincia para tecer redes activas de colaboración, construíndo un grupo activo que sume e participe da cultura feminina. Nesta fase, amais, impulsaranse obradoiros e charlas no marco do programa de mentoring e realizaranse tamén gravacións de cancións e vídeo clips.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL