A dúas semanas do Nadal moitos pontevedreses e pontevedresas comezan a mercar agasallos para os seus seres queridos, e con este motivo a Deputación de Pontevedra puxo en marcha por sexto ano consecutivo a campaña de adquisición de xogos e xoguetes non sexistas e non violentos. Así, no marco de “Xogando aprendemos a vivir. O xogo é unha ferramenta para mudar o mundo”, a presidenta provincial, Carmela Silva, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentaron hoxe as accións que se estenden ao transporte público da cidade e máis concretamente a Vitrasa.
Esta iniciativa supón que desde hoxe dous autobuses das liñas H e 17 percorrerán tanto as zonas rurais como o centro urbano, “concienciando a todas e todos de que hai que comparar xoguetes non sexistas e non violentos”. Ademais dos vinilos nestas dúas liñas, en todos os Vitrasa que percorren a cidade estase a proxectar o vídeo-animación cunha periodicidade aproximada de tres veces á hora. A campaña tamén inclúe a pegada de carteis en establecementos de varios concellos da provincia, cuñas de radio e publicidade nos medios de comunicación offline e online.
“Compremos e regalemos igualdade”. Este foi o chamamento que a presidenta da Deputación fixo á cidadanía nunhas datas tan sinaladas, poñendo en valor o “enorme poder para educar que teñen os xogos e os xoguetes”. Para a presidenta, o feito de mercar “xoguetes diferenciados para nenas e para nenos realmente dille a unhas e a outros que teñen distintas posibilidades de ter presenza no mundo, e iso é absolutamente falso. Os xogos que temos de pequenas e pequenos condicionan ás mulleres e aos homes que seremos no futuro”.
Pola súa banda, o alcalde Abel Caballero centrou a súa intervención na “necesidade de que a igualdade chegue a todos os polos da sociedade e que todos os nenos e nenas vivan dende pequenos nela”. Para o alcalde vigués a igualdade debe ser un “valor asumido que forme parte da cultura” e que os cativos e cativas poidan vivila “de forma habitual no mundo do deporte, a cultura ou a universidade”.
La Xunta de Galicia anunció que de esta forma la mitad de la comunidad pasará a tener algún tipo de protección
Fiscalía y acusación particular mantienen que la madre actuó "a escondidas", "unilateralmente", para apartar al niño del progenitor
El detenido había cambiado su aspecto físico y se hacía llamar por otro nombre. Se fugó en 2016 tras una importante operación contra el narcotráfico en Pontevedra
La Real Academia Galega premió a un colegio de Cangas, el CEIP de Espiñeira-Aldán de Cangas, por su trabajo sobre Luisa Villalta
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL