O Bloque Nacionalista Galego alertou esta mañá en Vigo das graves deficiencias no servizo de limpeza do Hospital Álvaro Cunqueiro denunciadas polo propio persoal. A deputada e portavoz de Sanidade do BNG no Parlamento galego, Montse Prado, e mais o portavoz municipal nacionalista no Concello de Vigo, Xabier P. Igrexas, mantiveron un encontro con representantes sindicais dos servizos de limpeza, mantemento e cociña do HAC, no que constaron a falla de medios humanos e de medidas organizativas para reforzalos nun contexto de pandemia.
A representación sindical trasladou en detalle as eivas que se están a detectar en diferentes servizos e, nomeadamente, na limpeza do hospital. Un ámbito especialmente sensíbel polo seu impacto directo na prevención de contaxios da Covid19. Neste sentido, deron conta de que a falla de persoal de reforzo no HAC, que si se está a despregar nos hospitais públicos de Galiza, tradúcese nunha insuficiente limpeza.
Entre as situacións concretas, coas que exemplificaron esta problemática, sinalaron que os vestiarios do persoal sanitario non se están limpando en fin de semana, que os baños públicos só se limpan unha vez ao día e que non se adoptaron medidas organizativas para evitar a limpeza cruzada de espazos atinxidos por Covid19 dos que non o están. Engádese tamén o incumprimento das normativas preventivas na xestión de resíduos biolóxicos, como o feito de que a empresa pretenda que se trasladen en bolsas plásticas e caixas de cartón en lugar de contedores herméticos.
A deputada, Montse Prado, anunciou que o BNG denunciará esta situación no Parlamento galego esixindo explicacións á Xunta e esixindo que se despreguen, de inmediato, as medidas necesarias para reforzar a limpeza, advertindo de que “sen un axeitado traballo de limpeza a atención sanitaria vese desbaratada”.
“Non é de recibo que o Sergas non actúe para asegurar a calidade na prestación dos servizos nun hospital, e esa inacción ten consecuencias, como que oito meses despois do inicio dunha pandemia se teña que seguir reclamando o reforzo na limpeza”, afirmou, urxindo a Xunta a actuar.
Prado inscribiu esta problemática no modelo privatizador imposto polo Partido Popular e expresou a enorme preocupación por como se está a xestionar a pandemia por parte do Sergas. A este respeito, a deputada criticou que o modelo concesional siga a condicionar a atención sanitaria na área de Vigo, como se recolle no proxecto de orzamentos da Xunta nos que a privatización do HAC custará 108 millóns de euros o vindeiro ano, e que só beneficia ás empresas ás que o PP lle entrega unha parte importante da sanidade.
Pola súa parte, o concelleiro, Xabier P. Igrexas, lembrou que “o BNG denunciou desde o primeiro momento que o modelo privatizador imposto polo Partido Popular para o hospital Álvaro Cunqueiro ía ter gravísimas consecuencias”. Nese sentido, incidiu en que este modelo “só enche os petos da UTE concesionaria, que percibe máis de 100 millóns de euros de diñeiro público e pon en risco a saúde das viguesas e vigueses”.
O edil nacionalista afirmou que “un dos elementos que demostran que o HAC non é un hospital público é que as decisións sobre servizos esenciais como a limpeza, o mantemento ou a cociña, non as toma o Sergas senón a xerencia privada”. Aliás, Igrexas cualificou de “perverso” o modelo concesional xa que provoca que as empresas privadas que interveñen estean instaladas nunha “guerra para reducir custes” provocando a precariedade na prestación dos servizos.
Igrexas expresou a súa indignación diante da situación denunciada polo persoal de limpeza do HAC, afirmando que “é inaceptábel que os baños dun hospital se limpen menos veces que os dun centro comercial, e que isto pase no medio dunha pandemia é unha temeridade moi perigosa”.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL
Es que qué vergüenza, no sé cómo no sé les cae la cara de vergüenza!!! Siempre el interés económico por delante de todo y de todos. Es sumamente indignante, menudo país... Malditos políticos que solo piensan en su bandera y en el dinero y a las personas que nos den ????