A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, ven de asinar os convenios por máis de 92.000 euros que benefician a 25 entidades do municipio: culturais, deportivas, sociais e centros escolares. No acto de sinatura, que se celebrou no Auditorio Municipal seguindo os protocolos COVID, a alcaldesa estivo acompañada dos concelleiros de cultura e deportes, Alex Rodríguez e Rubén González.
O Concello destina un total de 92.051,40 € para estes colectivos, asinando convenios cos centros culturais (900 €), os coros (700 €), as asociacións de veciños (400 €), os entroidos de Barreiro e Feira (1.600 €), a Asociación de Amigos e Amigas da Música de Salceda (22.000 €), o CEP Altamira (1.200 €), o IES Pedras Rubias (2.400 €) e a Asociación de Xubilados e Pensionistas (3.000 €). No eido deportivo, 22.551,40 € son para as Escolas Deportivas, 18.000 € para o Caselas C. F., 4.550 € para os Clubes de Balonmán e Baloncesto e 400 € para o Club Ciclista Aragonta.
As subvencións de maior importe son as que reciben a Asociación de Amigos e Amigas da Música, que engloba a Escola de Música de Salceda así como a Banda de Música, movendo en total máis de 400 persoas de tódalas idades, e as Escolas Deportivas, con cerca de 500 participantes. Considérase tamén fundamental o apoio ás actividades dos centros escolares públicos, que a pesares de non estar dentro das competencias dos Concellos reciben tamén unha aportación municipal. O Concello colabora ademáis durante todo o ano coas diferentes asociacións co préstamo de material, donación de libros para as súas bibliotecas, asesoramento e información nos trámites con outras administracións…
Os convenios supoñen un importante esforzo financieiro que o Concello asume consciente de que na maioría dos casos supón a supervivencia de moitas entidades que doutro xeito non terían capacidade de saír adiante. A pesar de ser un ano no que moitas destas entidades tiveron que paralizar as actividades, o equipo de goberno quere deste xeito dar resposta a uns compromisos económicos que axudarán a sufragar uns gastos que en moitos casos xa estaban realizados antes do inicio da pandemia, e que polo parón de actividades deixa a estas entidades nunha difícil situación que deste xeito se ve en parte atenuada grazas ao apoio municipal.
A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, destaca que “o Concello de Salceda sempre fixo unha firme aposta pola cultura, o deporte e o asociacionismo en xeral, e nestes momentos difíciles non vai ser doutro xeito. A sociedade salcedense, e nomeadamente o tecido asociativo, está a ser exemplo de solidariedade e responsabilidade, polo que dende o Concello queremos manter o noso apoio tanto económico como naqueles outros aspectos nos que poidamos ser de axuda”.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL