Co obxectivo de “conmemorar a tradición do Samaín, e os nosos lazos co mundo celta”, en palabras da alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, a vila do Morrazo celebra este martes, 31 de outubro, a súa festa máis terrorífica.
O programa, en colaboración coa Asociación Cultural Fontenla, arranca ás 17:00 horas da tarde con obradoiros de maquillaxe, na contorna do Palco da Música, detrás do Mercado Municipal. Alí, instalarase unha carpa –aínda que as previsións meteorolóxicas son máis primaverais que outonais- con diferentes ambientes e actividades.
“A carpa estará dividida en sectores con actividades que terán continuidade con respecto as do ano pasado, que foi un éxito”, explicou Carlos Rúa, da A.C. Fontenla, na presentación desta mañá na casa do Concello. Así, ademais dos mencionados obradoiros, tamén haberá outras actividades como a “caixa adiviña” na que a rapazada poderá “tocar todo tipo de obxectos terroríficos e adiviñar de que se trata”. Tamén se instalará unha zona con diversos xogos populares.
Pero o Samaín de Moaña non soamente é para os cativos, senón que os maiores poderán gozar dunha festa máxica. “Tamén nos gusta disfrazarnos”, aclarou a concelleira de Promoción Económica e Comercio, Coral Ríos, quen afondou na idea de crear unha festa que fora “máis alá da programación de verán” a través do fenómeno do Samaín. Unha celebración que conta cunha vertente cultural ao “canalizar o evento cara a nosa orixe celta”.
Así, esta segunda edición da Festa do Samaín permitirá aos adultos participar nun certame de disfraces nos que se buscará o aspecto máis terrorífico e orixinal. Dende ás 22:00 horas na contorna do Mercado Municipal o DJ Orli será quen poña a música para que a festa non pare.
Tendo en conta a “gran afluencia de público” da pasada edición, en verbas da rexedora municipal, este ano decidiuse potenciar os actos cun espazo para que os máis cativos poidan descansar e estar atendidos á vez que os pais desfrutan do evento. Por isto, haberá unha zona delimitada na que diferentes monitores se encargarán de que os nenos e nenas conten coa supervisión necesaria.
En canto á gastronomía, que non pode faltar nunha festa galega, a organización traerá un foodtruck –un camión gastronómico- e contará tamén con zona de bebidas. Todo para “honrar as nosas tradicións”, segundo apuntou Leticia Santos, á vez que a poboación “participa en festas máis alá do verán”.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL