O festival de contidos dixitais Carballo Interplay acolle este xoves 19 ás 22:00 horas a estrea da primeira webserie intectiva en galego. Trátase de Amnesia 3.0, iniciativa gañadora do Premio á produción de proxecto convocado polo propio festival o ano pasado.
A estrea será a través da rede, cun coloquio posterior coas creadoras desta “macroprodución con micropresuposto” ao máis puro estilo Black Mirror: Irene Pin, Iria Iglesias e Natalia Porca. O evento constitúe un fito dentro da ficción dixital galega, pois ofrécese a posibilidade de que o espectador se achegue á historia por un ou outro itinerario que el mesmo poderá escoller. Unha aposta interactiva sen precedentes que nace dunha teima por atreverse a romper os límites impostos.
Así mesmo, espande o panorama das webseries a un xénero pouco explorado como é o da ciencia ficción. Esta miniserie de tres capítulos conta ademais coa colaboración de caras coñecidas do audiovisual galego como Monti Castiñeiras, Sabela Arán e Isabel Naveira.
265-C érguese cada mañá para seguir o plan de actividades que marca a súa axenda, como calquera de nós. Só que ela non lembra o día de onte. Un software implantado no cerebro humano borra a memoria a curto prazo cada noite, así as persoas poden desenvolver as súas funcións dentro do sistema na engrenaxe perfecta, sen pensar nin preguntarse.
Porén, hai quen sobrevive na marxe. Son excluídxs, habitantes das Estremas. Nómades ancoradxs á tradición que foxen dese control e atesouran os vestixios dun pasado sepultado. Fiz e Lía farán estourar a normalidade ao entrar na vida de 265-C, tratando mediante unha tecnoloxía arcaica de reverter o seu bloqueo e facerlle recordar. Ao tempo, as súas accións son perseguidas por un anónimo inspector do Departamento de Seguridade Global.
Amnesia 3.0 é unha proposta para abandonar os límites do relato convencional. Partindo de tres puntos de vista diferentes, o público pode seguir a historia desde un ou outro roteiro. As túas decisións non mudan a historia, pero si como a percibes.
Nos momentos en que as personaxes se cruzan, terás a oportunidade de seguir a unha ou outra. Segundo o que escollas, hai cousas que verás ou non, intencións ou accións que se cadra percibes doutro xeito. Porque como na vida, non todo está tan claro. O importante non é tanto o que che contan, senón como cho contan. E, sobre todo, quen.
Protagonizada por Daniel Celester, Sara Ferro, Vanessa Dorrei, Monti Castiñeiras e Duarte Galbán, coa participación especial de Isabel Naveira e Sabela Arán.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL