A CIG emitiu un comunicado para sinalar que dende o ano 2017 vén denunciando a situación de sobrecarga de traballo e de atención deficiente na Residencia Geriátrica Salvatierra, que a Xunta vén de intervir para reforzar o persoal ante o contaxio masivo por Covid entre as traballadora e traballadores e os usuarios e usuarias, sen que nin a Inspección de Traballo nin a inspección de maiores da Xunta tivesen actuado Dende a central lembran que CCOO, que agora sostén que as instalacións do centro son “practicamente terceiromundistas” e que “nunca houbo a fiscalización seria que esixe un concerto co sector privado”, negara as deficiencias no seu día asegurando que a residencia pasara as inspeccións correspondentes.
De feito, o sindicato estatal lograra representación sindical no centro coa colaboración da propia dirección, tras o que criticaron publicamente as denuncias da CIG “e lavaron a cara dos seus responsábeis asegurando que pasaran as inspeccións correspondentes e que contaban coas ratios de persoal e coa calidade esixíbeis”.
Segundo explican dende a CIG, nunha xuntanza celebrada na sede da Inspección e Traballo en decembro de 2017 entregáronlles un informe tanto á autoridade laboral como á empresa e ás representantes de CCOO no que se avaliaba a situación da residencia e se achegaban unha serie de propostas para mellorar as condicións das traballadoras/es e das usuarias/os. “Lamentabelmente, unha vez máis a intervención da Inspección foi nula, e a representación sindical e a propia empresa continuaron co seu cometido, que non foi outro que eliminar toda posibilidade de que a CIG tivese representación no centro de traballo”.
A central decidira facer pública a situación dunha serie de traballadoras que estaban a ser acosadas laboralmente por parte da dirección, “que exercía un acoso vil sobre elas, mediante o uso de violencia verbal, coa intención de conseguir despidos baratos de persoal con antigüidade”. Como consecuencia, dúas traballadoras estiveron de baixa médica por depresión, situación que foi denunciada diante da Inspección.
Neste contexto, a central sindical destaca que catro afiliadas decidiron dar un paso á fronte e promoveron eleccións sindicais na empresa, “que sempre atopa, grazas ao medo é as 'gratificacións voluntarias', peóns para facerlle o xogo; CCOO fixo o resto, amañando unha candidatura no despacho da dirección; deste xeito gañaron o proceso electoral”.
A central sindical informa que só dez despois a empresa decide abrir “tres expedientes disciplinarios falsos” coa intención atacar ás afiliadas da CIG, que supoñen o despedimento de tres compañeiras “unicamente por defender a súa dignidade”. A central decide entón presentar denuncia nos Xulgados e diante da autoridade laboral, logrando a improcedencia do despido das seis traballadoras afectadas.
Ante a gravidade dos feitos que saíron á luz pública unha vez a residencia foi intervida pola Xunta, dende a central reclaman a apertura inmediata dunha investigación para esclarecer o acontecido durante estes anos, “determinando a responsabilidade tanto das Administracións que no seu día foron informadas das irregularidades existentes no centro como da propia dirección da residencia, que mantén unhas condicións de explotación laboral e de atención deficiente dende hai anos”.
Ademais, esíxelle ao Goberno galego, ao que cualifica de “cómplice necesario”, un cambio radical no modelo de xestión das residencias e da atención ás persoas dependentes, “para que cando menos todo o drama que estamos a vivir teña a utilidade que as continuas denuncias non tiveron”.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL