Moaña vén de recibir a bandeira verde que acredita recoñece ao concello como un dos que máis apostan pola protección da paisaxe e do medio ambiente. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda entregou esta mañá ao Goberno municipal a Bandeira Verde de Galicia, polo que xunto con Porto do Son, convértese nun dos primeiros concellos galegos en recibila.
O xurado valorou o traballo de Moaña en catro ámbitos de actuación: a protección da paisaxe, o cambio climático e a eficiencia enerxética, a xestión responsable dos residuos e as accións de sensibilización e comunicación; polo que se ten en conta a aposta deste municipio co desenvolvemento de boas prácticas no coidado da contorna, o respecto pola paisaxe, a redución das emisións de CO2, o fomento dunha correcta xestión do lixo e de medidas para garantir a integridade e limpeza de espazos de interese, como xardíns, praias, espazos etnográficos, etc, así como a posta en valor de monumentos naturais, a educación ambiental ou a redución do consumo enerxético.
Segundo explica a rexedora local, Leticia Santos, “o éxito de conseguir o distintivo Bandeira Verde radica no carácter transversal que a protección e defensa do medio ambiente ten no Goberno municipal de Moaña, en toda e cada unha das súas áreas de goberno”. Tamén destacou a implicación da concellaría de Medio Ambiente e o traballo da mestra composteira nos anos que leva no concello de Moaña.
Unha das vantaxes da concesión deste distintivo é que o Concello de Moaña contará cun mérito máis aos efectos da obtención de subvencións en materia de patrimonio natural.
Moaña tren traballado na xestión responsable dos residuos coa implantación da compostaxe (individual e comunitaria) co apoio do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra. Arestora Moaña trata 535,3 toneladas ao ano de fracción orgánica de residuos co que se reducen as emisións a atmosfera en 18.409,8 Kg CO2 equivalentes.
Na loita contra o cambio climático e a mellora da eficiencia enerxética as áreas Mobilidade, Servizos ou Deportes veñen desenvolvendo diferentes iniciativas como a aprobación dun Plan de Mobilidade Urbana Sostible, os proxectos aprobados de cambio a LED de todo o alumeado público exterior (aforro enerxético estimado dun 75%) ou as medidas de aforro enerxético implantadas en diferentes instalacións deportivas do concello.
O xurado valorou así mesmo as accións de sensibilización e comunicación levadas a cabo como a formación nos colexios relacionada coa compostaxe, as actividades do Aprende Moaña ou actividades de potenciación dun turismo sustentable coa realización das Feiras Ecoartesás ou os roteiros de “Descubre Moaña”.
Por último, outras accións que permitiron a consecución do galardón foron aquelas relacionadas coa ordenación do territorio e a protección do medio ambiente e a paisaxe. Neste campo valoráronse proxectos desenvolvidos dende a área de urbanismo (humanización da rúa As Raíñas), da área de mobilidade e accesibilidade ( Camiño Real e camiños escolares seguros) ou da área de medio ambiente (como a redacción da Estratexia Rialdarca e a recuperación do espazo degradado da praia da Videira).
Dende o Goberno municipal valoran “enormemente” a consecución deste distintivo e o entenden como “un premio ao labor de implantación de medidas innovadoras e eficaces na protección do medio ambiente”.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL