O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe novos pasos para converter a ETEA nun dos piares do Vigo aberto, coa aprobación este xoves, no Consello da Xunta, do Plan Sectorial do ámbito PS-6, que permitirá iniciar “dúas grandes obras” para a cidade: un pavillón polideportivo e a residencia de maiores.
Durante a presentación deste plan, Feijóo salientou que nas vindeiras semanas a Xunta licitará o proxecto construtivo do pavillón polideportivo, no que se desenvolverán varias actividades sobre rodas –BMX, scooter, skateboard e roller- e acollerá competicións nacionais e internacionais.
“E no espazo que ocupa o Cuartel Méndez Núñez, asentarase a ansiada residencia de maiores, grazas á colaboración entre a Xunta e a Fundación Amancio Ortega”, dixo, precisando que, cun investimento de 15 millóns de euros, contará con 150 prazas públicas e máis de 140 postos de traballo. Ao respecto, confirmou que o proxecto de demolición do antigo cuartel xa está finalizado, co obxectivo de comezar as obras este ano.
O responsable do Executivo galego garantiu o compromiso da Xunta de seguir avanzando na ETEA para darlle unha nova vida e recuperar un dos mellores espazos para os veciños da cidade. “Para converter a vella Escola de Transmisións e Electricidade da Armada nun punto de encontro entre axentes públicos e privados que queiran sumar, entre ciencia e sociedade, e entre vigueses”.
Ao respecto, lembrou que ademais da posta en marcha en 2013 da zona recreativa da ETEA e da ampliación, en 2015, do parque infantil, cunha zona con xogos adaptados para nenos con discapacidade; en 2017, a Xunta acordou coa Universidade de Vigo a rehabilitación do Edificio Faraday, para servir como sede do Campus do Mar, e coa Zona Franca a reforma do Edificio Siemens, para acoller unha aceleradora de empresas e un centro de innovación gastronómica.
“E en 2018, acadamos o compromiso co Centro Superior de Investigacións Científicas para trasladar á ETEA dous centros de investigación e outros dous buques oceanográficos”, engadiu, subliñando o obxectivo de que nos vindeiros meses se poidan rematar os trámites urbanísticos necesarios para que o Campus do Mar poida materializarse. “En definitiva, na ETEA entrelazaranse harmonicamente a investigación científica, a atención sociosanitaria, o deporte e o lecer, construíndo un espazo único”, concluíu.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL