A #3 Edition do Galician Freaky Film Festival rematou tras unha última xornada chea do mellor cine de temática freak, terror e underground.
Así, despois de gozar coas últimas sesións de curtas e de ver, en primicia mundial, a obra Devorados por la noche, de Óscar Doviso, chegou o momento máis esperado: a entrega de premios que, nesta ocasión, tanto xurado coma público tivérono máis difícil ca nunca debido á gran calidade de todos os traballos. Cabe recordar que das 60 curtas que se proxectaron, máis de 40 son estreas en Galicia, 15 son inéditas en España e tres son estreas internacionais.
Ademais, Juan de Castro, director do festival, destaca a repercusión internacional do evento, xa que “os directores estaban desexando vir ao certame, pero por mor do coronavirus, non foi posible”. De igual modo, móstrase moi satisfeito coas actividades paralelas e afirma que “o público quedou entusiasmado e con ganas de máis. De feito, a Aula CREA, co coloquio de Conrado Xalabarder, a Mesa Cadrada FFFG e a gravación en directo do podcast Anónimo IV retransmitíronse en streaming para que todos puideran velo dende a súa casa, xa que o aforo era limitadísimo e vendéronse rapidamente todos os abonos”.
Doutra banda, co fin de achegar a todo o público a Sección Oficial que, polas restricións do aforo, non puideron asistir, habilitouse a posibilidade de velo dende a casa de xeito online, a través da plataforma Festhome. Ata o momento, desfrutaron das obras preto de 100 persoas “non só de Galicia, senón tamén de outras localidades de España, coma Madrid, Barcelona, Baleares ou Valladolid, polo que estamos moi contentos coa experiencia” afirma de Castro, quen explica que, “estará dispoñible ata o próximo 8 de novembro”.
Por suposto, para levar a cabo o certame, seguiuse un estrito protocolo co obxectivo de que a Sala Overlook, no Hotel Bahía de Vigo, fose un espazo seguro. Así, entre as medidas, destacan a toma de temperatura no acceso á sala, a obrigatoriedade de usar máscara, a desinfección, ventilación e limpeza da sala despois de cada sesión ou a disposición de xel hidroalcohólico para os asistentes, así como a redución do aforo en case un 80% para manter en todo momento a distancia de seguridade.
Nesta edición, o Galician Freaky Film Festival concedeu un total de sete galardóns, catro do xurado, composto por David Fidalgo Omil, Lois E. Froiz e Brian Rodríguez Cortiñas, e tres do público.
Premio “Ben dito”, ao Mellor Guión foi para Together, de Ryan Oksenber.
O Premio “Neuronas fritidas” á curta máis turbia ou extrema, para Bad Hair de Oskar Lehemaa.
O Gran Premio GFFF á curta máis freak foi para Slug Life, de Sophie Gate.
Premio CREA á mellor realización foi para High Dating de Jules Zingg.
O Premio Escarállome á mellor curtametraxe de humor: No, I don't want to dance, de Andrea Vinciguerra.
O Premio Arrepío á mellor curtametraxe de terror: Pulsión, de Pedro Casavecchia.
O Premio "Olimpo dos freaks" á curtametraxe máis aplaudida foi para Bad Hair, de Oskar Lehemaa, conseguindo deste xeito dous galardóns, un do xurado e outro do público.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL