A empresa viguesa Cervezas Nós e Reizentolo, presentaron hoxe en Vigo unha cervexa que conmemora o centenario da saída da histórica revista galega Nós. Ao acto de presentación asistiron á concelleira de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, Uxía Blanco, o director da Editorial Galaxia, Francisco Castro, un dos responsables da empresa cervexeira viguesa, Titus van Lieshout, e Pablo Rodríguez, da empresa de deseño Reizentolo.
Por parte de Cervexas Nós, Titus van Lieshout quixo agradecer a presenza da concelleira Uxía Blanco e ao Concello de Vigo que “sempre estea disposto a apoiar todo o que estea relacionado coa cidade e o ámbito da cultura”. Depois destacou que, “xunto a Reizentolo propuxémonos rendir unha homenaxe a toda unha xeración de intelectuais, de xente valente, que non dubidou en xuntar as súas forzas para elevar a cultura galega ao máis alto nivel”. “Sen ánimo de nos comparar, en Cervezas Nós, hai xa sete anos, comezamos un camiño difícil co obxectivo de converternos na primeira cervexa artesana galega e tentar levar con afouteza o nome de Vigo e Galicia por todas partes”, sinalou.
Pola súa banda, o responsable de Reizentolo, Pablo Rodríguez, salientou “que a colaboración foi doada porque xa as dúas partes coñecíamos os nosos respectivos traballos”. Comentou que “facer algo coa gráfica histórica da revista Nós era inevitable e, chegando a esta data, imprescindible”. “No deseño, quixemos por en valor o enxebrismo que defendía o Grupo Nós entendido como capacidade de creación”. Quixo finalizar lembrando o berro reinvindicativo daquela Xeración, “Saúde e Terra”, que para a ocasión reconverteron en “Saúde e cervexa”.
O director da Editorial Galaxia, Francisco Castro, parabenizou ás empresas que tomaron á iniciativa de levar adiante o proxecto e lembrou que “hai 100 anos un grupo de intelectuais botaron a andar unha revista que pensa en clave de país e soñan cunha Galicia na que os galegos e galegas fagan todo en clave galega”. “A Editorial Galaxia sempre foi coherente con ese espírito e tamén o acto que estamos a celebrar hoxe o é”, afirmou.
Para rematar, a concelleira de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, Uxía Blanco, dixo que “dende o Concello de Vigo estamos encantados con esta iniciativa que demostra que a Xeración Nós estña moi viva”.
A cervexa Nós conmemorativa do centenario da histórica revista galega repartirase dende hoxe en 15 cervexarías de toda Galicia.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL