O Pleno do Concello de Salceda de Caselas aprobou onte por unanimidade a solicitude de construción dunha segunda escola infantil de 0 a 3 anos no municipio, nos terreos que o Concello posúe ao lado do novo centro de saúde, na rúa Mártires de Sobredo.
A propia alcaldesa defendeu a moción, na que se recollía que Salceda de Caselas ten a sorte de ser unha das vilas con maior índice de natalidade de toda Galicia, polo que as diferentes administracións deben unir esforzos en ofrecer servizos de calidade para os nenos e nenas. As prazas da única escola infantil de Salceda resultan a todas luces insuficientes tal como demostran os datos, con 76 nenas e nenos en lista de agarda no 2018, 52 no 2019 e 34 no 2020, cun claro descenso de solicitudes neste ano por mor da COVID19.
Actualmente a Xunta de Galicia está a diminuír as cifras das listas de agarda sufragando os gastos en escolas infantís privadas, cando a aposta debería ser a de construír novas escolas públicas, por exemplo no noso Concello.
O 6 de agosto de 2018 representantes municipais mantiveron unha xuntanza co Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, para trasladarlle a necesidade dunha segunda escola infantil en Salceda de Caselas. O Xerente do Consorcio amosouse de acordo coa necesidade dunha segunda escola infantil, comprometéndose a traballar no proxecto dende o equipo técnico municipal.
O 10 de agosto de 2018 o Concello de Salceda enviou anteproxecto de Escola Infantil a realizar na parcela situada na Rúa Mártires de Sobredo de Salceda de Caselas, para o seu estudo e aprobación por parte de dito Consorcio. Dita parcela está cualificada xa como parcela de equipamentos EQ02 dentro do PERI UE-02, polo que se pode dispoñer dela para este uso de xeito inmediato. O 27 de setembro de 2018 enviouse proxecto básico para a construción dunha nova escola infantil en Salceda de Caselas, solicitando tamén a emisión do correspondente informe sectorial. O pasado 28 de setembro, a Alcaldesa, a Concelleira de Benestar e a ANPA da Galiña Azul mantiveron unha xuntanza na que ambas partes coincidiron na necesidade dunha segunda escola infantil pública en Salceda de Caselas.
Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda, manifestou que a día de hoxe o Concello non ten noticias de que se estea a xestionar a construción da segunda escola infantil: “Apelamos á rigorosidade da Xunta e o Consorcio, coñecedores da necesidade de dotacións para a poboación infantil nun Concello coma o noso, na que nacen unha media de 100 nenos e nenas cada ano, e no que levamos moitos anos con listas de agarda na única escola infantil da que dispoñemos actualmente. O Concello puxo todo da súa parte, coa disposición de terreos e a redacción do proxecto básico, e agora tócalle á administración autonómica cumprir coa veciñanza de Salceda”.
La cita se desarrollará a lo largo de 50 metros para el caso de los más pequeños y 2,3 kilómetros para las categorías superiores
Habrá una recreación a tamaño real de la casa de Los Pitufos así como múltiples actividades para los más pequeños de la casa
"Una casa con encanto, el musical" se convierte en el segundo espectáculo infantil confirmado para este verano en el auditorio de Castrelos
El primer espectáculo infantil del Vigo en Festas 2024 en Castrelos lo protagonizará todo un fenómeno entre los más pequeños
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL