A poesía feminista de Lúa Mosquetera sonou esta tarde con toda a súa forza no concello da Guarda como unha chamada á reflexión e ao cambio fronte a violencias machistas na nova acción do programa da Deputación de Pontevedra “Mulleres en Acción. Violencia Zero”. A proposta da artista tivo como escenario o campo de fútbol da Sangriña, coa asistencia de alumnas e alumnos e profesorado do IES do mesmo nome, amais da deputada provincial de Igualdade, Victoria Alonso, e o alcalde da localidade, Antonio Lomba.
A través da base musical do reguetón, un xénero tipicamente machista, Mosquetera puxo o foco nos micromachismos que sofren a diario as mulleres e na necesidade dun cambio na busca da igualdade. A poeta recitou dous dos seus poemas, “Por si nunca vuelvo a casa” e “Reguetón”, este último baseado nas testemuñas reais de dez mulleres e que tivo unha grande repercusión trala súa estrea este verán en redes sociais. “Mandeilles un cuestionario a estas mulleres e as súas respostas foron unha revelación para min –explicou-. Dinme conta da cantidade de micromachismos que as mulleres sufrimos de xeito bestial a través de actitudes cotiás e, de xeito, moitas das respostas destas mulleres se repetían”. A artista concluíu cunha reflexión: “Mentres se dedican a sinalar os nosos supostos erros no feminismo, seguimos convivindo a diario con múltiples micromachismos que revelan unha violencia machista en potencia –sinalou-. ‘Reguetón’ quere arroxar luz sobre eles e chamar así ao cambio”.
Pola súa banda, a deputada de Igualdade, Victoria Alonso, incidiu na importancia da acción colectiva para poñer freo á violencia de xénero, que neste 2020 xa se cobrou 37 vítimas mortais. “Diso trata este programa, Violencia Zero, de que precisamos –destacou- levar a cabo unha acción conxunta que nos comprometa a todas e a todos neste obxectivo da loita pola igualdade e contra todo tipo de violencia machista, incluída a que pasa máis desapercibida, como son eses micromachismos cotiás, aos que temos que responder”.
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, tamén fixo fincapé na situación das mulleres que están a sufrir situacións de violencia, ao tempo que amosou a súa esperanza de que “nun tempo futuro no que non fagan falta este tipo de actos porque teñamos avanzado como sociedade ata recoñecer que homes e mulleres, sendo distintos, temos os mesmos dereitos como cidadáns”.
A de esta tarde en A Guarda foi a vixésimo primeira acción desta quinta edición do programa Violencia Zero da Deputación, despois do seu paso por Pontevedra, Vigo, Lalín, Ponteareas, A Cañiza, Forcarei, Crecente, Mos, Redondela, Cangas, Marín, Gondomar, O Grove, Cambados, O Rosal, Mondariz, Pontecesures, Sanxenxo, Cerdedo-Cotobade e Tui. O proxecto, que ten por obxecto visibilizar á loita contra as violencias machistas, así como dar a coñecer o labor de novas artistas que están a traballar a prol da igualdade, inclúe accións de performance, poesía, música, graffiti, acción escénica ou danza contemporánea.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL