O departamento de Lingua da Deputación de Pontevedra levou hoxe a Vigo a Carvalho Calero. E fíxoo da man do autor Aser Álvarez e o músico Moisés Quintas na presentación do libro ‘Carvalho Calero sen fronteiras’, unha obra na que se homenaxea e reivindica a un home “pioneiro, valente e cunha historia épica, que foi inxustamente tratado”.
O acto contou coa presenza da presidenta da Deputación Carmela Silva e da deputada de Lingua María Ortega, promotora do evento dentro da programación provincial das Letras Galegas 2020. Ortega reivindicou a necesidade de que todas as administracións en todas as cidades e vilas de Galiza poñan en valor a figura de Calero, ao que definiu como unha das figuras ‘máximas’ da lingua galega. Tamén aproveitou para subliñar a importancia de celebrar actos culturais e a favor da lingua galega nestes momentos de pandemia sempre coas máis estritas medidas de seguridade, para que “a nosa lingua tamén supere o confinamento”. “Hai que programar en galego”, insistiu.
O evento, que foi retransmitido en ‘streaming’ pola web da Deputación, comezou cun recital poético e musical acompañado por unha peza audiovisual. Despois, Aser Álvarez explicou que a idea de ‘Carvalho Calero sen fronteiras’ xurdiu a raíz dun proxecto multimedia no que Arraianos Producións comezou a traballar a primeiros de ano coa necesidade de divulgar a vida e a obra de Calero.
O autor indicou que Carvalho Calero foi o primeiro en moitísimas cousas: o primeiro que escribiu unha novela en galego despois da guerra, o primeiro que fixo unha gramática en galego, dos que fixo parte da primeira xeración de avogados da Segunda República, o primeiro que redacta un anteproxecto de Estatuto de Autonomía para Galiza… “O primeiro en moitas cousas, e curiosamente dun xeito inxusto é moi descoñecido”, sinalou.
Álvarez destacou que na produción do libro houbo unha figura clave que foi a filla maior de Calero por abrir o seu arquivo familiar. “Unha das ideas que se nos ocorreu foi facer un pequeno libro divulgativo no que en lugar de contar nós a historia de Calero, fose o propio escritor o que a conta a través de libros de conversas que ten con diferentes persoas”, dixo Álvarez. Así, o libro fíxose a través das palabras de Calero e dos seus poemas, “porque se hai algo que se mantén en toda a vida de Calero é a súa vocación poética”.
No recital poético musical que acompañou á presentación de hoxe participou tamén Moisés Quintas á guitarra, autor da banda sonora orixinal do primeiro documental feito sobre Calero por parte de Arraianos Producións e doutro documental que está en marcha agora que tamén levará o título de ‘Carvalho Calero sen fronteiras’, que se distribuirá entre o alumnado dos centros educativos.
“Estes audiovisuais, o recital e o libro son diferentes maneiras de expresar e divulgar a vida e obra deste home tan pioneiro, tan valente e cunha historia tan épica. Reivindicalo e dalo a coñecer por ter sido tan inxustamente tratado e que, aínda despois de estar agardando 20 anos a que se lle dediquen as Letras Galegas, aínda lle cae enriba a pandemia”, bromeou Álvarez.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL