A Deputación de Pontevedra celebrará oficialmente as Letras Galegas 2020 cunha programación que ‘percorre’ a Carvalho Calero, o autor homenaxeado neste ano, con poesía, música e erotismo. Así o asegurou hoxe a deputada de Lingua María Ortega ao dar conta das actividades previstas para os vindeiros 21, 23 e 30 deste mes e que se celebrarán tanto no Museo de Pontevedra como na Sede da Deputación en Vigo.
Ortega afirmou que neste ano atípico a Deputación aposta pola calidade das propostas aínda que por motivo da pandemia non poden chegar a moita cantidade de público. Destacou que algunhas das iniciativas serán unha “grande sorpresa” que xerarán moita expectación por ser moi novidosas, a pesar do que será obrigado manter restricións de aforo e solicitar convite para asistir.
“Queremos poñer en valor a figura de Calero, a súa relevancia, e dar a coñer a súa persoa, o seu pensamento e a súa obra”, indicou, lembrando que xa no mes de maio, coincidindo coa habitual celebración do 17-M, a Deputación conmemorou a efeméride cunha semana de publicacións en redes sociais de lecturas de textos de do autor a través da voz de escritoras e escritores do país, moitas delas da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).
Sobre a programación, Ortega explicou que o vindeiro mércores 21 ás 20 horas haberá un concerto do grupo Xardín Desordenado. O integrante da banda Isaac Garabatos explicou que levan unha década musicando poetas, polo que a oferta desta xornada centrarase no descubrimento do sentido poético de Calvalho Calero, ao que cualificou como “directo e emocionante”, e arredor do que se tratarán dende temas trascendentais ata a súa relación co seu Ferrol natal e incluso “as reunións entre colegas”. “Un exemplo da forza de Calero é o poema ‘Futuro condicional’ no que fala dunha rapaza negra que vive unha situación de esclavismo nas mans dos homes brancos e, a pesares da dificultade, a ensalza con poderío”, subliñou.
O seguinte evento será o venres 23 na Sede da Deputación en Vigo ás, onde se presentará o libro ‘Carvalho Calero sen Fronteiras’, de Aser Álvarez. O propio autor explicou na rolda de prensa de presentación da programación que ‘Arraianos Producións’ realizou un traballo audiovisual sobre Calero que se emitiu na TVG e que deu lugar, xunto a outros traballos e materiais, a unha ‘criatura’ que pretende homenaxear a quen eles definen como un dos autores “máis inxustamente descoñecidos pola súa independencia”.
Trátase dun libro no que se recollen os textos, imaxes e a propia visión de Calero, un percorrido pola vida do autor, “un home que foi un resistente ata o final dos seus días”. A presentación contará coa música de Moisés Quintas, que acompañará unha pequena parte musicada de poemas e audiovisuais.
Pola súa parte, Elvira Jardón, integrante do colectivo ‘O fruto e a serpe’ explicou o espectáculo que se desenvolverá no Museo de Pontevedra o venres 30 de outubro ás 20 horas. Subliñou que é un proxecto difícil de clasificar por ser un híbrido entre un recital, un concerto e unha tertulia “no que a idea principal é o diálogo interxeneracional e interxénero co Calero máis poético”.
Jardón explicou que a actuación artística consistirá nun diálogo entre dúas poetas mulleres actuais e a voz que Carvalho Calero adoptaba falando como muller e poñéndose na súa pel. “Inicialmente centrámonos na súa parte erótica, porque Calero é un dos grandes representantes da poesía erótica galega. Isto vai máis alá do erótico, xa que el fala como unha muller, algo innovador no seu tempo (…), sen prexuízos, intentando pensar como pensamos nós sobre o corpo e as relacións”, explicou Jardón.
Os convites para poder participar nos actos das Letras Galegas, que deberán incluír nome e teléfono de contacto das persoas asistentes, terán que solicitarse no correo vicepresidencia@depo.gal, (máximo dous por mail). Para o concerto do día 21 as peticións comezarán a rexistrarse ás 9.00h do luns 19; para a presentación do libro do venres 23, as solicitudes recibiranse dende as 9.00h do mércores 21; e para o espectáculo do venres 30 as solicitudes deberán comezar o mércores 28 ás 9.00 horas. Dadas as restricións de aforo obrigadas pola COVID-19 o aforo estará limitado a únicamente 30 persoas por acto, cubríndose as prazas por estrito orde de chegada.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL