A presidenta da Deputación de Pontevedra, Camela Silva, anunciou hoxe o lanzamento da iniciativa “Pontevedra Provincia Alianza Local #17ODS” coa que se promove o aliñamento dos 61 concellos pontevedreses co cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que conforman a Axenda 2030 da ONU. “Os ODS non son só unha filosofía ou un marco, son estratéxicos e desde fai dous anos marcan a nosa folla de ruta, ata o punto de que a Deputación de Pontevedra é a Administración local e provincial que máis aposta polo seu cumprimento”. “Levamos a dianteira a moitas comunidades autónomas, incluída a galega”, destacou.
A partir de agora, a Deputación porá o foco cada mes nun dos 17 ODS e comezará este mesmo mes de outubro co último deles: “Alianzas para acadar os obxectivos”. Así remarcará o seu empeño para aliñar as políticas públicas de toda a provincia nesta axenda internacional. Silva adiantou que, sucesivamente, cada mes, iranse abarcando o resto dos ODS e centrando a atención en cada un deles con accións, proxectos e campañas de difusión. O primeiro paso para a creación da Alianza Local consistirá no envío dunha carta aos concellos e a creación dun apartado ODS no portal da institución provincial no que se compartirán todas as iniciativas municipais dos concellos que se adhiran como exemplo de Boas Prácticas. “Queremos que a cidadanía as coñeza e que sirvan de inspiración para futuros proxectos polo seu respecto e promoción dos Obxectivos”, explicou a presidenta. Ademais, a “newsletter” da Deputación terá un apartado permanente dedicado aos ODS no que se enxalzarán as Boas Prácticas municipais. O boletín será remitido aos concellos adheridos para mantelos informados puntualmente.
Carmela Silva, acompañada pola deputada responsable de Transición Ecolóxica e Proxectos Europeos, Iria Lamas, adiantou que sumarse á Alianza Local significará tamén un maior financiamento para os municipios que dean o paso. Así anunciou que nos proxectos extraordinarios de concorrencia competitiva que os concellos adheridos presenten á Deputación, valorarase que teñan accións incardinadas dentro dos ODS. Ademais, comprometeuse a promover actividades como exposicións, concertos, andainas e accións no ámbito educativo e da igualdade para reforzar este gran pacto polo desenvolvemento sostible. “En definitiva, imos levar a cabo unha axenda continua, envorcaremos todos os nosos esforzos nos Obxectivos e invitamos a toda a provincia, aos concellos e á cidadanía, a sumar sinerxias , dando exemplo coas nosas accións”.
A presidenta tamén adiantou que ao longo deste mes de outubro a Deputación vai celebrar 11 días mundiais evidenciando o vínculo das causas representadas nestas efemérides cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. “Traballamos todo o ano polos ODS e por iso queremos dar unha visibilidade a datas tan simbólicas, con especial protagonismo para o Día Internacional das Mulleres Rurais e o Día das Escritoras”.
Ao fío do Día Internacional das Mulleres Rurais, a Deputación organizará en Pontevedra una xornada o día 28 de en colaboración con Fademur (Federación de Mulleres Rurais de Galicia). Levará por título “As mulleres e os efectos da Covid19 na Galicia rural” e consistirá nunha mesa redonda con relatoras, todas elas mulleres, dos sectores hortofrutícola, gandeiro, da educación pública e das entidades sociais. Trataranse temas como o impacto da pandemia nestes sectores, retos durante o confinamento e na nova normalidade, corresponsabilidade, volta ao cole, o espazo rural na era postCovid e o futuro do rural. O acto será retransmitido en streaming, polo que poderá seguirse integramente a través da web da Deputación, e nas redes sociais.
En canto ao Día das Escritoras, celebrarase o día 19 en Vigo cunha lectura pública de textos de escritoras tomando como referencia o acto que celebra a Biblioteca Nacional nesta conmemoración baixo o comisariado da escritora Elvira Lindo. A lectura en Vigo correrá a cargo de varias escritoras e representantes da cultura e da educación con fragmentos de obras de autoras tan importantes como Rosalía de Castro, Dulce María Loynaz, Ana María Matutes, Pura Vázquez, Gloria Fuertes, Ida Vitale, Circe Maia ou Emilia Pardo Bazán, entre outras. A Deputación tamén celebrará actividades ao fío do Días Mundiais da Alimentación (16 outubro); o 17, Día Internacional para a Erradicación da Pobreza; o 18 polo Día Mundial de Protección da Natureza; o 21, Día Mundial do Aforro de Enerxía; o 24, Día das Nacións Unidas, Día da Información sobre o Desenvolvemento e Día Internacional contra o Cambio Climático. Finalmente, poñerase en valor o día 31 ao fío do Día Mundial das Cidades.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL