Co gallo de celebrar o primeiro ano de actividades culturais e literarias da Axencia de Lectura de Meiro, en Bueu, este sábado celébrase a primeira das actividades programadas para conmemorar esta efeméride. Trátase dun magosto popular que arrancará ás 16:30 horas no recinto de A Morada.
A cita, que busca conxugar ocio e cultura, tratará de unir tradicións, xogos e diversión. Deste xeito, maiores e pequenos poderán gozar das castañas asadas e dunha boa fogueira ademais de xogos populares.
Ao seguinte venres, 27 de outubro, é a quenda do recital poético, que se celebrará ás 20.30 horas e no que xa está confirmada a asistencia dos poetas locais Dani Costas, Luís Chapela e Míriam Ferradáns, habituais desta actividade que xa se celebrou en varias ocasións na Axencia, coincidindo co rexurdir deste espazo e nas Letras Galegas. Neste acto contarase tamén coa música dalgúns membros do grupo de gaitas Retrouso de Cela, e cunha representación teatral, ademais dalgunha sorpresa máis.
Durante este primeiro ano de rexurdir da Axencia (hai que ter en conta que xa estivera aberta anteriormente pero tivera que pechar as súas portas no 2007), o balance foi moi positivo, cun gran número de actividades para todos os públicos, dende os máis pequenos aos maiores.
Celebráronse recitais poéticos, xornada de xogos tradicionais e chocolatada, charlas sobre historia e xornalismo, empoderamento sexual, e creación de grupos de traballo, rutas por espazos naturais como Cabo Udra, Monte Liboreiro e Ermelo, obradoiros para a rapazada, ‘Noites na biblio’, e lecturas dramatizadas, entre outras. Así mesmo, é destacable o club de lectura mensual que se reúne para comentar diferentes obras e conversar cos propios autores. Por agora, visitaron a Axencia Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia, Inma López Silva, autora de Aqueles días en que eramos malas, e a moañesa Iria Collazo, co seu último libro A soidade das medusas.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL