A Sala Ártika continúa coa súa programación. A sala viguesa acolle o venres 9 de outubro temos a presentación do novo disco de Martín Maez, "Habitat", nun concerto con banda onde coñeceremos as cancións que forman este traballo. Para a presentación do disco conta coa colaboración de Julia Rodrígues e Rocío Salgado. "Hábitat" é un disco autoeditado e producido por Celso Madriñán, Quico Bea e Anxo Fernández. Esa variedade na produción de cada un dos temas aporta un toque de variedade, propio de calquera hábitat coñecido onde as diferentes especies conviven en harmonía nun mesmo entorno.
O concerto comeza ás 21:30 horas e ten un prezo de 10€ anticipada e 14 euros en taquilla. Ámbalas dúas entradas inclúen unha copia do CD "Habitat". Variadas propostas e unha programación rica en técnicas, estilos, estética e argumentos, con títeres de luba, novas tendencias, marionetas de fío, animación de obxectos ou teatro de sombras. En resumo, unha festa do títere! O primeiro espectáculo deste Festival é "O día em que a morte sambou" da compañia brasileña Habib & Valeria. Un show para maiores de 8 anos que estará na nosa sala nunha única representación ás 18:00 horas.
Seu Biu é un vello brincador que non deixa que a súa idade nin a morte poñan fin á súa alegría de vivir. A pesar de vivir só e ser obxecto de moitas críticas e envexas, vive sorrindo e bailando, feliz e despreocupado. Ten música, danza e, sobre todo, unha forte conciencia da súa profunda conexión coa natureza. Un día, a Morte decide buscalo. Pero cando chega á casa do ancián, é recibida dun xeito totalmente inesperado.
O domingo 11 a compañía Alúa Teatro (Salamanca) representa “No es el fin del huerto de Fermín” ás 18:00 horas. Manuel é un neno sumido na era dixital e as novas tecnoloxías. Este verán viaxará a Aguasfrescas, o pobo onde vive o seu avó Fermín. Pero alí terá que adaptarse a unha forma de vida totalmente diferente: os nenos non xogan a videoxogos senón que cazan gamusinos, só hai cobertura na eira e a maioría das xentes non saben o que é un influencer, e ademais falan de cousas que el non acaba de entender. Grazas a Juanilla, unha nena do pobo, o seu avó e Puchi (unha musaraña moi especial) coñecerá a beleza que hai na natureza e na cultura rural que se está a perder a pasos axigantados. Todos eles colaborarán para acabar cunha ameaza que sofre o pobo e en especial a horta do seu avó Fermín: unha fábrica que produce uns residuos cuxa toxicidade ameaza a vida natural de Aguasfrescas.
La cita se desarrollará a lo largo de 50 metros para el caso de los más pequeños y 2,3 kilómetros para las categorías superiores
Habrá una recreación a tamaño real de la casa de Los Pitufos así como múltiples actividades para los más pequeños de la casa
"Una casa con encanto, el musical" se convierte en el segundo espectáculo infantil confirmado para este verano en el auditorio de Castrelos
El primer espectáculo infantil del Vigo en Festas 2024 en Castrelos lo protagonizará todo un fenómeno entre los más pequeños
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL