“A situación do transporte urbano de Vigo vai cronificándose día a día nun evidente deterioro dos servizos, frecuencias, e mesmo das condicións de explotación do servizo, que semellan ir en constante decadencia desde que se anunciou a ampliación da concesión durante cinco anos máis” sinala Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal. “Se ben en novembro de 2019, data na que se aprobou un proxecto de regulamento do servizo de transporte urbano de viaxeiros como condición previa indispensable para concretar un novo contrato, o Grupo Municipal da Marea de Vigo entendeu que se concretaba por parte do Goberno local a necesidade de emendar un contrato feito fai 25 anos, o certo é que esta espectativa non se cumpríu” engade.
A formación de esquerdas sinala que o propio Abel Caballero argumentaba hai escasos meses que o contrato actual de transporte era “inxusto e desfasado para a realidade actual da cidade”. “Recoñecíase – explica Rubén Pérez - que o contrato tiña un cálculo de tarifas en base a unha fórmula polinómica desfasada”, que por exemplo obriga a computar como amortizables prácticamente todas as melloras no servizo, elevando a cifra de recursos pendendes de abonar á empresa ano tras ano (actualmente por enriba dos 16 millóns de euros), “e con cousas tan sorprendentes como que 25 anos despois sigamos a pagar os terrenos das cocheiras de San Andrés” indica Rubén Pérez. Ademais denuncian que o sistema de liñas non daba cobertura ás novas necesidades da cidade “e mesmo no propio regulamento artellábase un feixe de modificacións que, aínda que escasas, alomenos colocaban ao transporte urbano de Vigo no século XXI” engade o voceiro.
“Dende o anuncio de ampliación, constátase unha degradación do servizo – matiza Ruben Pérez -, comezando polas cuestións en materia laboral, nas que a empresa está incumprindo os acordos feitos co Comité, sumado ás carencias do servizo con respecto á prevención e as medidas hixiénicas e de desinfección derivadas da covid-19, denunciadas tamén polo propio comité nos últimos meses”. Esta ampliación “redunda nun servizo deficiente nas parroquias, nas conexións cos hospitais e na falla de reforzos en hora punta, xerando unha situación de perigosidade derivada da falla de reforzos, que cobra especial relevancia nun momento no que é vital evitar as aglomeracións” enfatiza o voceiro.
“Imos seguir estudando como poder denunciar xurídicamente esta ampliación, sabendo ademais das discrepancias dadas na Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia, ante a que se presentou un escrito denunciando a situación, producindo un informe contrario á ampliación” conclúe Rubén Pérez.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL