O Festival Intercéltico do Morrazo é o eterno supervivente. É o único festival folk que se vai celebrar este ano en Galicia. O Concello de Moaña, na súa aposta pola campaña cultural “Non nos canceles”, leva o seu gran evento do ano a unha nova data. De finais de xullo a comezos de outubro. A cita musical máis esperada deste 2020 terá lugar o sábado 10 e o domingo 11. Será un festival distinto, cheo de singularidades dado estrito protocolo que marcan as autoridades sanitarias.
O evento será no espazo habitual, pero nesta edición marcada polo coronavirus instalarase unha carpa que estará situada entre a Praza de Abastos e o Palco da Música. O aforo é de 300 persoas. O Festival Intercéltico do Morrazo afronta unha edición especial. A máis galega dos seus últimos anos. Non haberá artistas internacionais, pero os asistentes poderán gozar do mellor folk galego. Será como unha viaxe ao pasado, presente e futuro do xénero do país.
Os encargados de inaugurar esta edición do Intercéltico do Morrazo será a banda Tiruleque, formación coruñesa coa que a organización destaca que “a festa está máis que garantida”. A música comezará ás 21:30 horas. A actividade regresará poucas horas despois ao Palco Principal. O domingo 11 haberá unha sesión vermú na carpa cargo dun clásico do folk galego como é o lugués Pepe Vaamonde. O recital comezará ás 12:30 horas. Por último, o colofón do Intercéltico do Morrazo chegará ás 21:30 horas con Leilía, que no pasado 2019 lanzou o seu espectáculo “CantarElas”, xuntando temas emblemáticos da súa traxectoria.
O festival volverá ser de entrada libre. Folk para todos. Nesta ocasión, as interesadas e interesados terán a súa disposición os convites na Caseta de Turismo dende este martes a partir das 16:00 horas. Poderanse retirar un máximo de catro invitacións por persoas e as entradas se despacharán para cada un dos espectáculos. A entrada será virtual. Todos aqueles que se acheguen deberán facilitar os seus datos, un teléfono de contacto e unha dirección de correo electrónico, onde recibirán as localidades.
Outras datas, cartel íntegro galego ou unha carpa. O Festival Intercéltico do Morrazo 2020 está cheo de singularidades. Será unha edición difícil de esquecer. O aforo de 300 persoas para un evento da tal calidade e demanda obriga a organización a ir un paso máis aló. A alcaldesa Leticia Santos explicou na rolda de presentación que os tres concertos retransmitiranse en streaming a través da canle do Facebook do Intercéltico do Morrazo e da plataforma Tolemias.tv.
O deseño do cartel é outro dos elementos destacados desta edición. A creación de Diego Seixo ten como protagonista ao músico Paulino e a súa arpa. O artista destaca que para el “é un orgullo e un aliciente dar a coñecer a música da arpa” a través da imaxe que representa o único festival de folk en Galicia que se vai celebrar este ano na xeografía.
A rolda de prensa de presentación do Intercéltico do Morrazo contou coa presenza os músicos Anxo Lorenzo e Iván Costa, a alcaldesa Leticia Santos e os concelleiros Carlos Juncal, Coral Ríos e Aldán Santamarina.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL