O outono chega ao Rosal cunha axenda cargada dunha morea de actividades de lecer para todos os públicos. O Concello vén de presentar a programación cultural para os vindeiros meses de outubro e novembro, case unha vintena de propostas entre as que haberá contacontos, circo, música, exposicións, charlas e visitas guiadas abertas a todos os públicos.
Dende o Concello quérese agradecer “a colaboración da Deputación de Pontevedra e da Agrupación Musical do Rosal e a asociación A Jalleira, que participan nesta completa axenda de outono. Unha oferta cultural diversa e para todos os gustos que esperamos que teña unha grande acollida por parte da veciñanza”, salienta a rexedora local, Ánxela Fernández Callís.
Un dos pratos fortes chegará o sábado 10 de outubro co concerto de Sés. A artista galega subirá ao escenario da Praza do Calvario co seu particular estilo que mestura irreverencia, crítica social e unha viaxe por estilo como Rock and roll, habaneras ou blues. O concerto arrancará ás 21:00 horas e o aforo está limitado a 300 persoas. Para poder asistir é preciso inscribirse n web do Concello (clic aquí). Cada persoa poderá solicitar un máximo de catro entradas.
Ese mesmo 10 de outubro de 16:00 a 22:00 horas habilitarase na Praza do Calvario un espazo lúdico de prevención das violencias.
O teatro chegará en forma de carreira o domingo 11 de outubro. Será con ‘Running polo Camiño’, unha suorenta comedia para todos os públicos que se poderá ver na Praza do Calvario a partir das 18:00 horas. O aforo está limitado a 100 prazas, polo que será necesaria inscrición previa. O sábado 17 de outubro poderase desfrutar de ‘Literaria’ no Auditorio Municipal a partir das 20:00 horas e o domingo 8 de novembro o público infantil descubrirá os ‘Monstros no camiño’, ás 18:00 h no auditorio municipal.
O circo tomará a Praza do Calvario o domingo 12 de outubro con ‘Bambolina’ (17:00 h), unha actuación dirixida a público infantil. Tras esta actividade as persoas poderán desfrutar na mesma Praza do Calvario (18.00 h) da actuación da Banda da Agrupación Musical.
Aínda no apartado infantil, os contacontos serán os encargados de inaugurar a programación outonal. O sábado 3 de outubro as historias tradicionais, os contos populares e inventados, a música en directo e o humor encherán a biblioteca municipal. Será con ‘Filipa cos contos’, unha sesión de narración oral entre Fran e a súa amiga Filipa que fará as delicias de cativos e cativas a partir de 4 anos. Será ás 11:00 horas.
Xa o 10 de outubro (11:00 h) a música fará saltar ao público co espectáculo ‘Brinca vai! De aquí a acolá’, que chegará coas cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos para percorrer un camiño no que a música soa con forma de sorriso.
O venres 16 de outubro os máis pequenos e pequenas da casa poderán combater o frío cos ‘Contos de inverno’ (11:00 h) e o venres 23 de outubro Magín Blanco trae o espectáculo musical ‘O que levamos nas maletas’ (11:00 h), unha proposta na que o público terá que participar na interpretación das cancións e na resolución das cuestións que plantexan os camiños. Aínda que a celebración de todos os contacontos está prevista na biblioteca municipal, poderá haber variación dos espazos que se comunicarán con antelación en función das condicións sanitarias.
‘Auga. O sangue da Terra’ é o título da mostra que acollerá o salón de exposicións do Rosal do 13 ao 31 de outubro, ambos os dous incluídos. Unha exposición para todos os públicos que poderá visitarse de balde de martes a xoves de 18 a 20 h e venres e sábado de 11 a 13 h.
A primeira edición das Xornadas do Patrimonio será o colofón final da programación cultural de outono, tres días “para poñer en valor o patrimonio que temos na nosa contorna” dun xeito diferente. Será para grupos reducidos e con inscrición previa. Arrancarán o venres 23 de outubro cunha charla sobre arqueoastronomía a cargo de Benito Vila ás 19:30 horas no Centro Social Polivalente que se completará cunha saída para a observación de estrelas ás 21:00 h. Xa o venres 30 de outubro, Alia Vázquez descubrirá ao público os petróglifos do Baixo Miño (19:30 h, Centro Social Polivalente) para despois facer unha ruta guiada a algún dos petróglifos do Rosal (21:00 h).
A última charla terá lugar o venres 6 de novembro. Brais Currás falará sobre minería romana no Baixo Miño (Centro Social Polivalente, 20:00 h). Ao día seguinte, sábado 7 de novembro, haberá unha visita guiada ao Montefurado de Covas, en Vila Nova de Cerveira.
As xornadas micolóxicas porán o punto final á programación. Celebraranse o sábado 14 de novembro no Centro Social Polivalente grazas á colaboración da asociación forestal e de educación ambiental A Jalleira.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL