Moaña acolle unha das edicións dos Circuítos Teatrais más especiais. Será unha entrega inesquecible. E non soamente pola irrupción do coronavirus. O festival teatral que terá lugar en outubro na vila morracense terá por primeira vez nome propio. Dende este ano levará o nome de Celso Parada, unha das lendas do teatro e o cinema de Galicia, un moañés que levou o nome do municipio do Morrazo por todo o Estado e que faleceu o ano pasado.
O ciclo converterá a Moaña no punto de encontro dos amantes do teatro durante as catro fin de semanas de outubro. Ademais da homenaxe de Celso Parada, os Circuítos Teatrais chegan con novidades na súa programación. En edicións anteriores a data das representacións era o domingo mentres que este ano alternará venres, sábado ou domingo. A intensa actividades das compañías teatrais nestas datas obriga ao Concellería de Cultura a realizar esta lixeira modificación.
As propostas dos XXIII Circuítos Teatrais “Celso Parada” están formadas polas representacións de “O mel non caduca”, de Ibuprofeno Teatro (venres 9 ás 21:00 horas); “Tres vellas”, de Producións Excéntricas (sábado 17 ás 21:00); “Commedia”, de Contraproducións (domingo 25 ás 20:00 horas); e “A gran noite”, de Sarabela Teatro (venres 30 ás 21:00). O ciclo terá lugar no salón de actos do IES As Barxas. As entradas teñen un prezo de 4 euros e pódense mercar os martes previos á representación na tenda online da web do Concello de Moaña.
O concelleiro de Cultura, Carlos Juncal, detallou que o ciclo teatral contará cun protocolo antiCOVID cuxa medida principal será a redución do aforo dos espectáculos. A normativa da Xunta de Galicia marca que sexa dun 75%, pero o Goberno municipal decidiu rebaixala a un 50%, polo que soamente estarán á venta 100 butacas. Outras acción que se realizarán para garantir a seguridade sanitaria do evento será a toma de temperatura, a obrigatoriedade do emprego da máscara, circuítos de entrada e saídas para facilitar que se gardan as distancias de seguridade interpersoal e xel para desinfección de mans.
A presentación dos Circuítos Teatrais “Celso Parada” xa permitiu gozar dun petisco do teatro que se verá no salón de actos do IES As Barxas. En plena rolda de prensa, apareceron dúas mulleres “vendendo” a programación deste ciclo que comezará o vindeiro venres 9 de outubro coa representación de “O mel non caduca”. As dúas embaixadoras do festival teatral deron unha volta pola vila morracense para anunciar a chegada dun dos grandes eventos culturais do outono en Moaña, un outono no que coincidirá co esperado Festival Intercéltico do Morrazo, aprazado por mor da emerxencia sanitaria do coronavirus.
A alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, resaltou a importancia de Celso Parada e lembrou que o actor participou como experto teatral no proxecto das características técnicas que tiña que ter o escenario do tan anhelado auditorio que desexa ter a veciñanza moañesa. A rexedora afirmou que “a cultura é un dereito democrático das persoas” e apuntou que “a xente de Moaña ten sede de cultura”.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL