Moaña converteuse no mellor exemplo do potencial do turismo literario. A vila morracense é o escenario de boa parte da última novela de Domingo Villar, “O último barco”. Varios meses despois de saír á venta a agardada terceira parte da historia do inspector Leo Caldas, centenares de persoas achegáronse a Moaña para vivir en primeira persoa os espazos descritos polo escritor vigués.
A concellería de Turismo e Promoción Económica que dirixe Coral Ríos deu unha nova volta a ese vínculo de Moaña coa literatura. Soubo aproveitar o fenómeno literario do libro editado por Galaxia e comezou a organizar roteiros guiados. ¿O resultado? Un éxito rotundo. O director da editorial Galaxia, Francisco Castro, xa comparaba na presentación da programación de “Días de Mar” que Moaña era como Macondo, ese lugar que popularizou Gabriel García Márquez. Soamente unhas semanas despois daquela analoxía, o propio Francisco Castro regresou á vila morracense para presentar xunto á alcaldesa Leticia Santos, a concelleira Coral Ríos e o concelleiro de Cultura, Carlos Juncal, unha edición especial de “O último barco” que ten, aínda máis, a Moaña como protagonista.
Esta novidosa acción non supón ningunha variación da última novela de Domingo Villar. Esta edición especial supón a publicación de 500 exemplares que conteñen unha faixa na portada co lema “Moaña é unha aventura” e o escudo do Concello. Precisamente, a vila morracense converteuse nunha aventura para todas esas persoas que poñen rumbo á parroquia de Tirán para mergullarse na historia de Leo Caldas.
Estes 500 exemplares de “O último barco” máis moañés serán repartidos entre a Biblioteca Municipal da Quintela, os dous institutos de Moaña e as axencias de lectura das parroquias. Tamén serán o agasallo institucional do Concello e a concelleira Coral Ríos destaca que tamén servirán de obsequio en determinados momentos especiais dos roteiros guiados de balde que forman parte da programación de “Descubre Moaña”.
A alcaldesa Leticia Santos destacou no acto de presentación desta edición especial de “O último barco” que a irrupción deste turismo literario permite amosar un atractivo turístico de Moaña que vai máis aló das praias e que vai en consonancia con ese turismo sustentable tan necesario nestes momentos.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL