O 13º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBueu) abrirase mañá venres, 11 de setembro, cun gran acto de inauguración no que se estrearán as obras elaboradas nos obradoiros cinematográficos ao longo do último curso, tanto os impartidos na sede do FICBUEU como os organizados no marco da Área Social, apoiada pola Obra Social ”la Caixa”. O evento, no que intervirán os colectivos participantes, contará coa presenza de cineastas galegos e diversas autoridades.
Deste xeito, ás 20:00 horas proxectaranse no Centro Social do Mar as curtas Dart scape, realizada no Centro de Educación Especial de Panxón (Nigrán), e mais Marcos 2020 e Reencarnasión, creadas por rapazada e por un grupo de persoas adultas, respectivamente. No entanto, a música comezará a soar xa ás 19.30 horas nos exteriores do auditorio da man da Street Band. A xornada inaugural clausurarase co monólogo do coñecido actor vigués Manuel Manquiña, que repasará en clave de humor a experiencia do confinamento.
A programación do FICBUEU 2020 intensificarase o sábado día 12 cunha variada axenda que arrincará ás 11:00 horas no Punto de Encontro co coloquio aberto ao público ‘Achegándonos, un café con AGAG’, organizado canda a Asociación Galega de Guionistas, que analizará o momento no que se atopa a profesión arredor dun café xentileza de Candelas. En paralelo terá lugar o primeiro pase da Sección Infantil, para menores de dez anos, e ás 12:30 horas o da Sección Familiar, pensada a partir desta idade, ambas as dúas de balde.
Xa pola tarde, poderán verse a Sección España ás 16:00 horas e a primeira sesión da innovadora Sección Experimental, ás 18:00 horas, mentres que ás 20:00 e ás 22:15 horas se reeditará a Sección Galicia R. Entre estas dúas, ás 21:30 horas, o público terá a oportunidade de intercambiar impresións coas directoras e directores que concorren cos seus traballos: Noemi Chantada, Rafa de los Arcos, Camila Kater, Dani Cornes e David Rodríguez Muñiz.
A xornada do domingo 13 arrincará ás 11:00 horas coa mesa redonda ‘Achegándonos: un café con Crea’, da man da Asociación de Profesionais da Dirección e Realización de Galicia, e mais coa segunda sesión das seccións Infantil e Familiar. Pola tarde haberá pases das seccións Galcia R, Experimental 2 e España, esta última por duplicado.
Durante a semana, as tardes terán unha estrutura semellante de luns a venres, xa que ás 16:00, ás 18:00, ás 20:00 e ás 22:00 horas se desenvolverán as proxeccións dos cinco bloques da Sección Internacional, no caso das seis da tarde invertindo a orde dos pases. Ademais, o martes 15 terá lugar ás 11:00 horas a presentación do primeiro dos Cadernos FICBUEU, titulado ‘A Nouvelle Vague a través das súas curtametraxes’. O mércores 16, ás 20:00 horas, contaremos con Alfonso Zarauza para desvelarnos as claves da súa última longa na actividade ‘Ons: unha rodaxe na illa’, acompañado polo compositor Xavi Font e o actor Antonio Durán “Morris”.
As e os espectadores poderán asistir ás proxeccións da nova Sección Escolas Internacionais o venres 18 ás 11:00 horas, con entrada de balde, mentres que na mañá do sábado 19 o alumnado seguirá sendo protagonista, na Gala Escolas Galegas e na proposta ‘Cinema e música con Buster Keaton’, dirixida a público familiar. O treito final do 13º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu dará comezo ás 18:00 horas coa demandada Sección Comedia. Ás 19:30 horas celebrarase o Encontro con Melania Cruz, quen recibirá o Premio Cinema Galego do FICBUEU 2020, e a partir das 21 horas a música volverá a sonar na rúa, anunciando a Gala de Clausura que se iniciará media hora despois, coa entrega de premios.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL