A nova edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBueu) ofrecerá entre o 11 e o 19 de setembro o mellor cinema en formato curto do panorama internacional e farao con todas as medidas necesarias para salvagardar a seguridade das persoas asistentes fronte o coronavirus. Así o destacaron esta mañá en rolda de prensa tanto representantes da organización como do Concello de Bueu, da Deputación de Pontevedra e da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, principais institucións cofinanciadoras do certame.
O director do FICBUEU, Manuel Pena, lembrou que “a principal razón de ser dun festival son as películas, polo que se decidiu poñer todo o foco nas proxeccións e dedicarlles o máximo espazo posible para que as e os espectadores poidan visionalas”. En paralelo, “poranse en práctica todos os protocolos establecidos polas administracións estatal e autonómica” para garantir a seguridade de público, persoas convidadas e traballadoras.
O director da AGADIC, Jacobo Sutil, corroborou que o programa do FICBUEU 2020 “non é de transición, senón que se trata dunha edición da máxima calidade” da que “as e os asistentes poderán gozar nunha contorna segura”. Agradecendo a “valentía” da organización e a “responsabilidade” que o público está a demostrar en eventos similares, lembrou algunhas das facilidades dadas pola Xunta ao sector cultural, como o incremento das axudas, a ampliación dos prazos ou o plan de reactivación aprobado por mor da pandemia.
Tamén a deputada de Cultura da Deputación de Pontevedra, Victoria Alonso, agradeceu “o traballo extra realizado pola organización para chegar ao máximo de espectadoras e espectadores coa mesma calidade”. Salientou asemade “o importante labor que desenvolven os festivais para poñer en valor o cinema” e destacou a creación da marca Rías Baixas Film Fest para apoiar aos certames da provincia tras o confinamento.
Pola súa banda, o concelleiro de Cultura de Bueu, Xosé Leal, salientou a “fidelidade” do público local do FICBUEU e apuntou que o festival “se organiza desde o cariño, pero tamén desde a responsabilidade”, polo que “tanto veciñanza como visitantes van atopar un espazo seguro”. “A xente quere cultura segura e o FICBUEU vai ser un bo exemplo”, concluíu.
Todas as actividades do 13º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu se desenvolverán en dependencias do Centro Social do Mar. Dada a redución do aforo no auditorio, “optouse por duplicar as sesións de cada sección”, explicou Manuel Pena. Tal é o caso da Sección Internacional, con catro pases diarios de luns a venres, ou dos apartados España e Galicia R, con tres sesións na vindeira fin de semana, na que tamén se proxectará a Sección Experimental, “coas curtas máis vangardistas e arriscadas”.
Por outra parte, como non será posible a asistencia de alumnado, “programáronse as seccións Infantil e Familiar, abertas ao público, sábado e domingo pola mañá”. A isto súmase a Gala Escolas Galegas e a nova Sección Escolas Internacionais, así como un apartado dedicado á Comedia, “unha chiscadela ao noso público, que demanda curtas de humor”. A ausencia de cineastas internacionais suplirase cun maior protagonismo dos galegos nas actividades paralelas, entre elas a charla sobre o filme Ons ou o encontro coa actriz Melania Cruz.
O monólogo de Manuel Manquiña, a presentación dos Cadernos FICBUEU, a música en directo ou a Ruta das Tapas 5 Estrelas complementan a programación do 13º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, que pode consultarse na web, onde tamén se poden adquirir xa as entradas para as proxeccións.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL