Tomiño nada ten que envexar a Okinawa, a cidade do mundo con máis persoas maiores de 100 anos. O microclima, as súas boas augas, os aires do Miño, a calidade de vida, o agarimo ou o coidado das familias son algúns dos factores que poden agocharse tras o segredo da lonxevidade neste recuncho do mundo. E é que na actualidade viven en Tomiño 13 persoas que roldan ou superan o século de vida.
Once mulleres e dous homes que van dende os 99 anos das máis novas ata os 106 acabados de cumprir da maior e que elixiron terras tomiñesas para desfrutar da etapa final das súas vidas. Unha idade que aparece reflectida nos seus documentos de identidade pero que en moitas ocasións nada ten que ver coa idade que teñen en espírito.
É o que lle pasa a Sara Rodríguez Salvador, a ‘avoa’ de Tomiño. Con 106 anos cumpridos o pasado 31 de agosto, esta centenaria afronta con boa saúde e mellor humor o reto de ser a persoa máis lonxeva do municipio. Gústalle ler revistas, ver a televisión e o fútbol, tanto que ata fai apenas unha década ía ao campo a ver ao Tomiño FC. Sen apenas problemas médicos, cunha memoria envexable e un carácter pícaro, Sara ademais é toda unha experta xogando ás cartas, sobre todo cando se trata da brisca, onde aposta con galletas de chocolate.
Este anos Sara festexaba o seu aniversario rodeada da súa familia máis próxima, os seus sobriños netos e sobriños bisnetos, xa que non tivo descendentes directos: a pesar de sinalar que tiña moitos pretendentes na súa mocidade, Sara foi en contra do establecido na súa época e decidiu non casar, o que a levou a non ter fillos e a “vivir con menos preocupacións”. Unha muller de carácter que amosa cada día ter folgos suficientes para chegar aos 107.
Outra das que celebrou o seu aniversario este mes de agosto foi Sara Portas Besada, que sopraba as 100 velas o pasado día 5. Nacida en Barrantes hai un século, a Sara gústalle desfrutar do sol no patio da súa casa, onde vive coa súa única filla, Olivia, quen asegura que a centenaria “é boa de levar”. E sempre está de bo humor, aínda nos momentos máis complicados, como durante o confinamento, que para ela foi duro a pesar de non acostumar a saír moito da casa. Apoiada no seu bastón, Sara camiña con bastante axilidade e pode presumir de non ter problemas graves de saúde. A centenaria recoñece que a televisión lle aburre un pouco e confesa tomar un chupito de licor café de vez en cando.
Traballadora incansable durante moitos anos no campo, a vida levouna tamén a criar aos seus dous netos mentres a súa filla e o seu marido traballaban en Holanda. Agora desfruta tamén dos seus catro bisnetos, todos presentes na gran festa familiar para festexar o seu aniversario.
A última en cumprir anos foi Olga Ruggiero Cordero, que o pasado 6 de setembro chegaba ao século de vida arroupada pola súa familia, un piar fundamental para ela: tivo tres fillos, 15 netps e 45 bisnetos que lle deron moitas alegrías ao longo da súa vida. Aínda que ten unha boa saúde, un accidente hai uns anos limita a súa mobilidade, pero non as súas ganas de seguir desfrutando da vida e deses xogos que tanto lle gustan e que lle axudan a manter unha mente áxil e esperta: as cartas, o bingo... Uruguaia de nacemento, onte festexaba os seus cen anos rodeada dos seus achegados e cantando tangos típicos da súa terra, algo que, xunto aos retallos da súa nenez e mocidade, nunca esquece.
A concelleira de Benestar, Cristina Martínez, quixo felicitar a todas estas ‘avoas’ tomiñesas visitándoas o día do seu aniversario e agasallándoas cun ramo de flores, unha tarxeta cuns versos de Rosalía de Castro e un marco de fotos feito a man pola artesá Lupe Barreiro. Olga xa ten a súa foto lista para colocar.
La Xunta de Galicia anunció que de esta forma la mitad de la comunidad pasará a tener algún tipo de protección
Fiscalía y acusación particular mantienen que la madre actuó "a escondidas", "unilateralmente", para apartar al niño del progenitor
El detenido había cambiado su aspecto físico y se hacía llamar por otro nombre. Se fugó en 2016 tras una importante operación contra el narcotráfico en Pontevedra
La Real Academia Galega premió a un colegio de Cangas, el CEIP de Espiñeira-Aldán de Cangas, por su trabajo sobre Luisa Villalta
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL