Outono para desfrutar ao aire libre, baixo protocolo antiCovid e descubrindo os segredos da nosa cultura e natureza. Esta é a proposta da concellería de Turismo de Moaña para unha nova edición de “Descubre Moaña”, as súas visitas guiadas gratuítas.
O programa, que se desenvolverá entre setembro e novembro, chega cun número récord de visitas, 14, toda vez que na primavera quedaron suspendidas polo confinamento as visitas programadas. Aquelas, súmanse agora as xa previstas para o outono deixando unha intensa e atractiva programación para as fins de semana do outono.
Os roteiros centraranse nalgunhas das opcións que maior éxito están experimentando. É o caso da ruta literaria de “O último Barco”, que segundo explicou a concelleira de Turismo, Coral Ríos, mantén listas de espera para poder anotarse. Moaña permite seguir os misterios agochados pola costa de Tirán xunto ao inspector Leo Caldas.
As rutas literarias celebraranse os días 6, 10, 20 e 24 de setembro , o 11 de outubro e o 8 de novembro. Dúas delas (10 e 24 de setembro) serán ao atardecer, dando comezo ás 19:30 horas.
Outro dos máis populares é o roteiro de Rialdarca, novidade na edición de verán. Esta visita guiada non será soamente un encontro coa natureza, senón que tamén haberá protagonismo para o patrimonio etnográfico que contén este emprazamento. Durante o percorrido, que terá unha duración aproximada de 90 minutos, explicarase, por exemplo, a utilización dos muíños, infraestruturas que forman parte deste tesouro medioambiental da vila morracense. As visitas ao sendeiro terán lugar o 12 e 19 de setembro.
Amais, en outubro tamén se celebrará unha visita ao entorno de San Martiño (día 4), berce do municipio e zona cheda de historia e mais á Moaña mariñeira (día 31), un percorrido polo litoral entre o Porto de Moaña e o Porto de Meira no que os asistentes coñecerán detalles dos inicios da pesca tradicional, a historia do Pósito de Moaña ou algúns dos naufraxios máis importantes que afectaron ás familias da vila.
En novembro tamén se poderá percorrer a historia das mulleres de Moaña, un roteiro que pon en valor o papel da muller dentro do desenvolvemento da sociedade e a vila de Moaña.
As visitas son de balde, e cada grupo estará limitado a 25 persoas, que deberán gardar as distancias e utilizar máscara. A excepción das rutas do 10 e 24 de setembro, as visitas comezarán ás 10:30 horas.
Os interesados en anotarse deberán enviar unha mensaxe de WhatsApp ao teléfono 611 080 853 ou no correo de info@ailladosratos.org. As visitas están organizadas polo Concello de Moaña en colaboración coa asociación da Illa dos Ratos.
Galicia, que se prepara para disfrutar de una experiencia del mundo de Harry Potter, cuenta con dos tiendas especializadas en el mundo mágico
Una escapada al norte de Portugal realmente cerca de Vigo. Si buscas una excursión diferente, apúntate este curioso alojamiento
Galicia se impone a Gales, Eslovenia o Japón en este premio internacional. Este es el "road trip" que conquista el mundo entero
Si estás buscando escapadas en Galicia, apúntate este pazo que ha sido declarado BIC y ha logrado este año el Travellers' Choice de TripAdvisor
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL