A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, destacou esta mañá que as illas do Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas de Galicia é sinónimo de turismo sostible e seguro. A conselleira de Medio Ambiente visitou as Illas Cíes, que no mes agosto cubriu o cupo todos os días, onde explicou que a pesar de que este verán foi atípico, debido ao coronavirus e ás precaucións que se tiveron que adoptar por parte de todos -”un feito que modificou as pautas do turismo”, recordou- o Parque Nacional recibiu un total de 245.350 visitas entre os meses de xullo e agosto.
Segundo explicou a conselleira, o número de visitantes descendeu un 16,6%, respecto do ano anterior, cando se rexistraron 294.200 persoas. A pesar desta cifra, son datos bos e positivos (dende o punto de vista turístico), xa que no contexto actual produciuse unha diminución importante do fluxo de visitantes, sobre todo de visitantes internacionais; polo que os meses de xullo e agosto predominou o turista nacional e rexional.
Recordou que as visitas ao Parque reanudáronse o 20 de xuño, pois en Semana Santa, o mes de maio e parte de Xuño, períodos tamén de gran afluencia de actividades escolares, estivo pechado por precaución para evitar o avance da COVID19. Tendo en conta este escenario, o número de visitante no que vai de ano sitúase nos 263.527 visitantes.
"Esta cifra é unha mostra de Galicia ten a sorte de ofrecer unha rica alternativa turística que permite realizar actividades ao aire libre, en espazos abertos e, polo tanto, con moitos puntos a favor neste contexto recente marcado polas precaucións sanitarias que todos debemos cumprir", manifestou a conselleira.
A conselleira de Medio Ambiente tamén quixo agradecer o bo comportamento dos visitantes, xa que non se detectaron incidencias importantes e sobre todo seguiron as recomendacións e directrices indicadas polo persoal do Parque Nacional, que traballou con seguridade e responsabilidade.
Explicou que para garantir a seguridade dos visitantes, e do persoal que traballa no Parque, fixéronse pequenos cambios, como a eliminación da información en papel, primado os recursos informativos con código QR; e acondicionáronse as casetas e puntos de información para unha atención máis segura dos visitantes, extremando a precaución para evitar aglomeracións; así como se replantexaron as actividades para ofrecer pequenas rutas e encontros interpretativos con afluencia limitada e distancia social.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL