Moaña segue a ser un xerador de festivais. Tras o anuncio do nacemento do Varadero Fest, un evento marcado pola presenza da música urbana, agora chega a quenda do Festival Son do Mar, unha cita que terá lugar este domingo 16 de agosto na Arboreda da Xunqueira, no mesmo espazo no que se celebra o Festival de Jazz, e contará coa música e o espectáculo de Cé Orquesta Pantasma e Fiandola. Serán dúas opcións distintas para dous públicos diferentes. Ese é o obxectivo do novo evento moañés, que gocen tanto pequenos como maiores con dúas das opcións culturais máis importantes que hai no noso país.
Cé Orquesta Pantasma será o encargado de abrir o Festival Son de Mar ás 19:30 horas. O espectáculo está totalmente para a rapazada que estea na Arboreda da Xunqueira. Hai que lembrar que Cé Orquesta Pantasma é un home orquestra. Trátase dun proxecto unipersoal con diferentes propostas musicais que teñen como principal finalidade facer as ledicias dos máis pequenos.
Fiandola supón unha inxección de música folk. Poderíamos dicir que é tamén unha viaxe ao Festival Intercéltico do Morrazo, unha especie de aperitivo do gran evento do verán en Moaña que tivo que adiarse ao mes de outubro por mor do coronavirus. A proposta do grupo galego soará a partir das 21:00 horas e porá o peche a esta primeira edición do Festival Son de Mar.
O Concello de Moaña manterá a mesma liña de actuación sanitaria que nos outros eventos máis multitudinarios do programa “Días de mar”. As entradas para o Festival Son de Mar son de balde, pero é preciso retirar as invitacións na Oficina de Turismo de Moaña. Hai que lembrar que o aforo é limitado para que os organizadores poidan garantir que se mantén a distancia de seguridade interpersoal. No evento será obrigatorio o uso de máscara e haberá desinfección na entrada do recinto.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL