Moaña estrea este verán novo festival. É un evento no que a música urbana será a gran protagonista. Unha cita deseñada sobre todo a mocidade nun espazo único, singular, como é o Parque de San Bartolomeu. Esa mestura de arte emerxente e a contorna que ofrece a vila morracense supoñen o nacemento do Varadero Fest, un festival previsto para o mes de maio, pero que a emerxencia sanitaria do coronavirus obrigou a aprazalo ao vindeiro 22 de agosto.
A presentación do evento tivo lugar este luns no Salón de Plenos do Concello de Moaña. Sebastian Black, un dos compoñentes do cartaz desta primeira edición do Varadero Fest, explicou que este primeiro capítulo do festival haberá un pouco de todos os estilos. A cita estará centrada na cultura hip hop, que envolve todas as súas vertentes e xéneros derivados. Un dos protagonistas desta edición destacou a aposta polo Concello de Moaña por facer o festival en tempos de pandemia. De feito, o impacto do coronavirus obrigou a cambiar o cartel inicial, composto por dúas artistas de fora de Galicia que estarán finalmente na vindeira edición, por unha programación de artistas e grupos galegos.
Os encargados de poñer banda sonora a esta primeira entrega do Varadero Fest serán Tekilas & Iaghost, Toccororo, Wanna Dee, Tokyo Neon Lights, Its Soul & The Lost Beat e Sebastian Black. A concelleira de Turismo e Promoción Económica, Coral Ríos, quixo garantir a aposta dende o Concello por dar continuidade a este festival de música urbana cuxa intención tamén é asocialo á contorna no que se vai desenvolver, neste Parque de San Bartolomeu que será territorio festivaleiro o vindeiro 22 de agosto. Pola súa banda, o alcalde accidental, Odilo Barreiro, puxo en valor a aposta do goberno municipal pola mocidade e agarda “que este sexa o primeiro de moitos Varadero Fest”.
Esta primeira edición do Varadero Fest tamén contará con todos os protocolos que marcan as autoridades sanitarias. Será obrigatorio o uso da máscara, haberá xel a disposición do público, as cadeiras estarán en grupos de dous e manterase a distancia social. A organización sinala que se recomenda o pago con tarxeta no recinto e o aforo será limitado, polo que as persoas interesadas en asistir ao Varadero Fest deberán reservar a súa entrada, que é de balde, a través da plataforma Reservas.gal (preme aquí).
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL