23 días. Cifra máxima. É a duración dos “Días de Mar” de Moaña, unha programación marcada este ano pola emerxencia sanitaria do coronavirus. Todo é diferente este verán na vila morracense, que comezará a súa programación para o mes de agosto sen os ecos do Festival Intercéltico do Morrazo -aprazado ao mes de outubro- ou do rock do Morrasound. Como bos mariñeiros, o concello morracense afronta ás tempestades é ofrece unha axenda variada, transversal, deseñada para todas as idades e que cede un gran protagonismo á cultura e a tradición do país. “Queremos ser un referente onde o verán rota a través da cultura”, sinalou na presentación a alcaldesa Leticia Santos.
“Días de Mar” preséntase de novo como algo máis que unha programación. A súa imaxe simboliza esa aposta pola cultura. Tirán capturado por Diego Seixo. A súa creatividade convive no cartaz cun fragmento de “O último barco”, o libro de Domingo Villar que, tal e como sinala a concelleira Coral Ríos, “fai que nove de cada persoas que van a Oficina de Turismo pregunten polos escenarios da obra”. Precisamente, unha das apostas da axenda cultural de agosto son os roteiros guiados de “Descubre Moaña”, que ofrecen entre as súas propostas a posibilidade de coñecer os lugares onde está ambientada a terceira entrega da historia protagonizada polo inspector Leo Caldas. A última novidade neste eido son os roteiros ao solpor, unha forma de descubrir os encantos da vila morracense coa posta de sol e que, segundo o director xeral da Editorial Galaxia, fan de Moaña "a Macondo galega".
A aposta cultural de Moaña comeza con música. Cun concerto potente. Tal e como avanzou Metropolitano.gal, Sés será a encargada de abrir “Días do Mar”. Será un recital diferente, marcado polas medidas que marcan as autoridades sanitarias. A pesares de que o protocolo fixo que se elevasen os custes de produción, o Concello de Moaña quixo manter o compromiso de traer a unha das referencias da música galega. A cita terá lugar o sábado 1 de agosto. Será de balde con reserva de entrada de forma online para un aforo 600 persoas. Tanto neste evento coma noutros multitudinarios, establecerase un rexistro de todos os asistentes para que os rastreadores de casos positivos de COVID19 poidan actuar con rapidez no caso de que se detecte un positivo.
A programación prolongarase dende o recital de Sés do 1 de agosto ata o día 23. O 2 de agosto chegará o momento da Feira Ecoartesá , que estará amenizada coa presenza de gaiteiros e na que se organizarán obradoiros. Un dos momentos máis importantes do evento terá lugar ás 19:30 coa actuación para a cativada de Uxía Lambona e a Banda Molona.
Outra das citas máis especiais dos “Días do Mar” chegará o 8 de agosto coa presentación do Encontro Internacional de Embarcacións Tradicionais que se celebrará en Moaña en 2021. Asun Sóñora, representante da Asociación Sueste de embarcacións tradicionais, quixo agradecer o apoio e a aposta da concellería de Turismo e Promoción Económica que dirixe Coral Ríos neste evento que amosa a cultura mariñeira de Moaña.
Outra das grandes citas deste “Días de Mar” será o Festival de Jazz que festexará unha nova edición na Xunqueira os días 14 e 15 de agosto. O formato do evento cambia por mor da crise do COVID19. Non só se reducirá o aforo, senón que haberá un concerto por xornada e correrá a cargo dunha banda galega. “Será o máis top que hai no jazz galego”, avanzou Coral Ríos.
Por outra banda, a programación de agosto estrea un evento deseñado para a mocidade. Trátase de Varadero, un festival de música urbana que contará coa presenza de Djs e rapeiros galegos. Polo eido deportivo, “Días de Mar” inclúe o Desafío Delio Fernández, unha proba ciclista que se celebrará a 16 de agosto.
As proxeccións do Moaña Son de Cine, os roteiros de Descubre Moaña, o concerto Blues do País do 7 de agosto completan unha programación de “Días do Mar” que finalizará o 23 de agosto coa Feira do Mel, un evento que contará coas actuacións de Cé Orquesta Pantasma e o grupo Beiramar Axóuxeres.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL