Dende comezos do mes de xullo funciona xa o gabinete de atención psicolóxica de Salceda de Caselas, que xorde ante a necesidade de proporcionar apoio e asesoramento psicolóxico individual e familiar a todas as persoas que o precisen, sendo previamente derivadas dende os Servizos Sociais. O gabinete supón un investimento anual de 10.925 euros, financiado dentro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, e contará con unha traballadora social e unha psicóloga, ambas veciñas de Salceda e polo tanto moi coñecedoras da realidade do municipio. A xestión do gabinete correrá a cargo da Asociación Avelaíña, que ven traballando con persoas con problemas de saúde mental, e que xa viñan atendendo a cinco persoas de Salceda de Caselas, que agora pasan a integrarse no gabinete.
Con este servizo preténdese dar resposta á necesidade de atención psicolóxica identificada polo Concello de Salceda de Caselas para a súa veciñanza, e está pensado para público de tódalas idades, tanto maiores como menores de idade. O gabinete servirá tamén para traballar de xeito grupal e coas familias interesadas diferentes aspectos relacionados coa educación de crianzas e adolescentes, e para sensibilizar e previr en saúde mental a través de charlas informativas dirixidas ao alumnado ou á poboación en xeral. Cabe destacar que este gabinete actuará en coordinación con outros servizos e programas que ofrece o Concello como os Servizos de logopedia e Atención Temperá, o Programa “Cultiva a Mente” ou o II Plan Municipal para a Igualdade Efectiva de Mulleres e Homes, entre outros.
Trátase dunha necesidade que o Concello de Salceda viña detectando nos últimos tempos pero que se ve acentuada en momentos de crise como o que estamos a vivir na actualidade, polo que dende o equipo de goberno se decidiu reservar unha partida do Plan Concellos para a posta en marcha do servizo.
Gela Ledo, concelleira de Benestar Social destaca que é “un servizo demandado durante anos e moi necesario nestes momentos tralo confinamento. Inténtase que as persoas con problemas psicolóxicos non sufran ao longo da súa vida problemas máis complexos. A traballadora social fará sesións co entorno familiar para así ofrecer un servicio máis completo.”
Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda, afirma que “o noso Concello segue a ser exemplo en dotación de servizos á cidadanía que en moitas ocasións nin sequera son competencia municipal pero que contribúen a mellorar a calidade de vida da nosa veciñanza. Estamos cerca da xente e atendemos as súas necesidades, e non escatimaremos esforzos nas iniciativas que sirvan para axudar ás persoas e colectivos máis vulnerables, máis que nunca en momentos de crise como o que estamos a vivir”.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL