Este martes, 3 de outubro, o concello de Tomiño comeza unha semana de actos dedicada a render tributo ao mestre Antón Alonso Ríos, piar fundamental do ensino e agrarismo durante a II República. As charlas terán lugar no instituto do municipio, que o pasado mes de novembro adoptou precisamente o nome de IES Antón Alonso Ríos na súa honra.
Dende o martes e até o venres, diferentes persoeiros do ensino e a cultura galega pasarán polo centro educativo para dar conta dunha figura fundamental da historia de Tomiño, do Baixo Miño e de Galicia no campo do ensino e da política no movemento agrarista durante a II República.
Antón Alonso Ríos naceu en Silleda en 1887 no seo dunha familia labrega. A pesares do seu orixe humilde, foi quen de cursar maxisterio, mostrando un grande interese polo ensino, estudando da man dun dos académicos máis destacados da época, Víctor Fraiz Andión. Unha vez rematados os seus estudos, marcharía a Arxentina, onde desenvolvería a súa vocación educativa e comezaría a súa actividade en torno ao asociacionismo galego na emigración e co movemento agrarista.
De volta en Galicia foi director da escola da emigración “Aurora do Porvenir” de Tomiño. Os seus métodos innovadores no ámbito do ensino e a actividade desenvolvida nesa escola, baseados no aprendizaxe a través da experiencia, do aprender facendo, e da posta en marcha de métodos de ensino traídos doutros lugares do mundo fixeron que a reputación da “Aurora do Provenir” e do seu traballo traspasara fronteiras.
A actividade política de Antón Alonso Ríos destaca polo seu tesón no impulso dun modelo de desenvolvemento e transformación do rural a través do ensino orientado ao agro. O seu discurso político do impulso da igualdade social nun rural próspero levouno a formar parte das Cortes de 1936 como deputado.
O Golpe militar e o conflito bélico fixeron que a súa vida e a da súa familia estivera comprometida. Durante máis de dous anos sobreviviu percorrendo a xeografía galega facéndose pasar polo esmoleiro portugués Sr. Afranio, até que foi quen de chegar a Portugal e de aí de volta á Bos Aires, onde chegou como exiliado político. Faleceu en 1980 sendo o máximo representante do Consello de Galicia.
Na actualidade a súa obra literaria sobre educación e política é estudiada por historiadores e profesionais da educación. Os seus antigos alumnos de Tomiño, de moi avanzada idade, aínda lle lembran como o gran mestre que foi.
- Martes 3 de outubro, ás 11.30h
Inauguración das Xornadas, coa participación dos alumnos e alumnas do IES Antón Alonso Ríos
- Mércores 4 de outubro, ás 19:00h
Relatorio “Antón Alonso Ríos, O percurso dun activista entre dous mundos” a cargo de Xosé Manoel Núñez Seixas
- Xoves 5 de outubro, ás 19:00h
Relatorio “Antón Alonso Ríos: Ensino, Política e Conciencia cidadá” a cargo de Xosé Manuel Malleiro Gutiérrez
- Venres 6 de outubro, ás 19:00h
Proxección do documentario “Siños Afranio”
Mesa Redonda coa participación de:
- Victor Aparicio “Coyote”, Director do documentario
- Diego Clemenz: neto de Antón Alonso Ríos
- Mario Rodríguez Gómez: amigo da familia
- Xulio Carballo: sobriño neto de Antón Alonso Ríos
Exposición durante todas as xornadas “Antón Alonso Ríos. Política e pedagoxía para un país”
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL