A XXXVII Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) arrancou onte coa inaguración dunha exposición coas obras da pintora e ilustradora Luz Beloso, autora do cartel da edición deste ano. Esta artista monfortina xa participou en numerosas exposicións nacionais e internacionais e publicacións editoriais, polas que resultou premiada en múltiples ocasións. Os escritores Isabel Blanco, Iria collazo e Miguel Anxo Alonso Diz foron os encargados de presentar o acto.
A exposición de Luz Beloso, comisariada por Diego Seixo e que poderá visitarse ata o 18 de xullo na sala de exposicións do Auditorio de Cangas, mostra, principalmente, varios traballos seus como ilustradora de libros publicados polas editoriais Galaxia e Belagua. Ademais, os visitantes tamén poderán coñecer obras inéditas e proxectos innovadores que aínda non foron publicados.
A exposición consta de catro paneis. O primeiro deles está formado por seis obras inéditas. “Aquí móstranse ilustracións de verán sobre lecturas, por exemplo, de libros de Gloria Fuertes e tamén traballos feitos para proxectos que, finalmente, quedaron no aire”, explica a artista.
O segundo panel céntrase nas ilustracións do libro da escritora Iria Collazo López ‘‘A soidade das medusas’ (Editorial Galaxia). O público terá a oportunidade de ver todas as ilustracións que a creadora realizou para este libro destinado a público xuvenil, incluso as que, finalmente, non saen publicadas. Luz Beloso conta que o libro “é un traballo conxunto entre Iria e mais eu, xa que entre as dúas iamos decidindo algúns detalles para que as ilustracións reflectiran a esencia do texto creado por Iria”.
Os libros de Rosaura, da escritora Isabel Blanco e publicados pola editorial Belauga, son o fío condutor do terceiro panel da exposición. Trátase de tres libros escritos en verso e destinados, principalmente, ao público infantil (As receitas de Rosaura, Rosaura e o mar e Rosaura, cesteira de Mondariz).
‘A nena e o grilo máis aló” (Editorial Galaxia) é un libro de teatro musical escrito por Pepablo Patinho con cancións interpretadas por Magín Blanco. As ilustracións realizadas por Luz Beloso para este libro centran o cuarto panel da exposición.
Ademais dos catro paneis, a exposición complétase cunha “parte moi especial”, segundo palabras da propia Luz Beloso. Trátase das ilustracións orixinais e enmarcadas de ‘Unha folla vermella’, un libro que aínda está en edición. Nesta ocasión, o escritor Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso xuntáronse para sacar adiante un libro ilustrado de edición limitada e numerada, que fará reflexionar sobre o proceso de creación. Trátase dunha experiencia literaria que, previsiblemente, verá a luz no mes de setembro grazas a un proxecto de mecenado colaborativo con aportacións económicas de particulares.
Luz Beloso é Licenciada en Belas Artes, especialidade de pintura, na Universidade de Salamanca. Exerceu de profesora de Educación Plástica e Audiovisual en Galicia desde 1993 no IES As Barxas de Moaña e, desde 2019, como profesora de Artes no IES María Soliño de Cangas.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL