O Concello de Tomiño vén de realizar a primeira fase dunha serie de obras programadas para a reparación e conservación da ponte tardomedieval de Taborda, máis coñecida coma “Ponte do hospital”. Trátase dunha ponte do S.XVI en cantería irregular, dun so vano e cunha lonxitude de 7 metros sobre o río Cereixo, que daba paso a un antigo hospital existente na zona.
Tras unha inspección dos técnicos municipais de Urbanismo, observouse un deterioro importante debido, probablemente, aos fortes temporais sucedidos no inverno, que fixeron aumentar o nivel da auga de xeito acelerado pero, sobre todo, á existencia de tres árbores de porte medio-grande, que tiñan as súas raíces encaixadas entre as pedras de apoio do arco. Os fortes e intensos ventos, fixeron que as árbores traballasen de forma negativa, producindo desprazamentos das pedras e afectando á estrutura. A maiores, os altos niveles de humidade dos troncos e raíces, ao empaparse, aumentaban o seu volume, favorecendo o desprazamento da cantería. Inmediatamente, deuse parte á Policía Local da situación, a cal procedeu ao valado da ponte, impedindo o paso de peóns e de vehículos agrícolas, habituais na zona.
Seguidamente, procedeuse á execución da primeira fase do arranxo e recuperación da estrutura tardomedieval, consistente na corta das tres árbores que medraban dende a base da ponte. A intervención realizouse de xeito controlado e por seccións, para evitar danos á construción, coidando de non afectar ademais a unha liña aérea de subministro de enerxía eléctrica que discorre sobre a ponte.
En fases seguintes levarase a cabo a retirada, por medios manuais, dos tocos encaixados nas bases do arco, e posteriormente procederase ao cimbrado da ponte e á súa reparación, despois de remitir o corresponde proxecto ao Servizo de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Turismo e á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, salientou a importancia de reparar e conservar os elementos históricos e monumentais do municipio, na medida das posibilidades da administración local, e lamentou que a Consellería de Cultura non teña unha partida para a recuperación de bens de especial protección, coma esta ponte, que precisan de traballos específicos por parte de profesionais especializados.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL