Un curso máis, como ven acontecendo dende o 2015/16, o Concello de Tomiño oferta unha completa programación de actividades extraescolares gratuítas para todo o alumnado do municipio.
Este ano haberá 9 propostas diferentes, elixidas a partires das valoracións facilitadas por familias, alumnado e ANPAs en relación ás desenvolvidas no curso pasado. As actividades abranguen dende inglés e francés (idiomas que serán abordados dende unha perspectiva dinámica e de lecer) ata lingua de signos, baile infantil e zumba.
Tamén desenvolveranse Multideporte, ImaxinAcción (que coma noutras edicións tratará a creatividade a través da discipliña audiovisual) para infantil e para Primaria e Entre Pantallas (similar a ImaxinAcción pero adaptada ao alumnado de secundaria).
As actividades están organizadas a través da ANPA de cada centro educativo e calcúlase que haberá entre 15 e 20 grupos diferentes. Á espera de que se pechen todas as inscricións, prevese que o alumnado estea repartido en grupos de infantil, primaria e secundaria.
Un total de 209 alumnas e alumnos inscribironse o pasado curso, repartidas entre o CEIP Pintor Antonio Fernández, o CRA Mestre Manuel Garcés, o CEP Pedro Caselles Beltrán, o IES Antón Alonso Ríos, o CEIP de Tebra, o CEIP de Barrantes e o CEIP de Sobrada. Na presente edición, o Concello de Tomiño agarda igualar ou incluso superar estes resultados.
Ademais da citada programación, neste curso desenvolveranse novamente a Escola de Teatro e a Escola de Música, ambas no Auditorio de Goián. No caso da primeira haberá 4 grupos, distribuídos por idades: un de 4 a 8 anos, outro de 9 a 12 anos e outro de 13 a 17 anos. Como novidade, este curso haberá un cuarto grupo para persoas maiores de 17 anos.
Finalmente, na Escola de Música desenvolveranse unha serie de actividades pensadas para o alumnado máis cativo, como o Xardín musical (a partir dos 3 anos) e Música e Movemento I (de 4 a 5 anos); pero tamén haberá outras para o estudantado non tan miúdo: Música e Movemento II (de 6 a 7 anos) e Solfexo (a partir dos 8 anos).
O Concello de Tomiño ratifica así á súa aposta e esforzo por xerar unha oferta de actividades extraescolares ampla, variada e ao alcance de todos e todas os nenos e nenas do municipio, traballando para garantir a igualdade de oportunidades no acceso á educación non formal dos máis pequenos do municipio.
La cita se desarrollará a lo largo de 50 metros para el caso de los más pequeños y 2,3 kilómetros para las categorías superiores
Habrá una recreación a tamaño real de la casa de Los Pitufos así como múltiples actividades para los más pequeños de la casa
"Una casa con encanto, el musical" se convierte en el segundo espectáculo infantil confirmado para este verano en el auditorio de Castrelos
El primer espectáculo infantil del Vigo en Festas 2024 en Castrelos lo protagonizará todo un fenómeno entre los más pequeños
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL