“Imos encher a sede da Deputación en Vigo de letras e historias”, asegurou esta mañá a presidenta da Deputación, Carmela Silva, porque “apostar pola cultura é apostar por un país como o noso que sempre foi un referente cultural”. A primeira edición de Escola de Letras da Deputación de Pontevedra contará como docentes de luxo con Francisco Castro, Inma López Silva, Antonio García Teijeiro e Diego Giráldez. Amais, o obradoiro desenvolverase na sala Rosalía Castro e “rodearase” da mostra “Sempre marzo”, un proxecto comisariado por Yolanda Castaño.
A Escola de Letras da Deputación de Pontevedra, que conta con dúas sedes en Vigo e Pontevedra, nace con sete obradoiros que esgotaron en pouco menos de media hora a totalidade das súas prazas. Hoxe ten lugar o primeiro, de Escritura Creativa Básica, que será impartido por Francisco Castro, director de Galaxia, e continuará o 22 de xuño, e en setembro en horario de 19.30 a 21.30 horas. Neste obradoiro, que ten unha lista de agarda de máis de cen persoas, afondarase no desenvolvemento da creatividade, experimentación literaria e pracer de escribir cunha perspectiva lúdica e participativa.
A Escola impartirá os talleres de Escritura Creativa Básica, Escrita Creativa, Literario de Perfeccionamento, Poesía de Perfeccionamento, Literario para Maiores, Escrita Creativa Avanzada e Obradoiro Literario impartidos por Francisco Castro, Diego Giráldez, Antonio García Teijeiro e Inma López Silva, “catro nomes tan relevantes da nosa escrita que, simplemente por este feito, a Escola é xa un éxito”, destacou a presidenta provincial.
O director de Galaxia, Francisco Castro, fixo fincapé na idea orixinaria da escola, centrada en que “todas as persoas temos unha historia que contar, todas temos memoria, capacidade para narrar e estamos a facelo todo o tempo”. Amais, Castro destacou que a Escola de Letras tamén parte de que “a literatura é unha das formas do pracer e o que queremos é que as persoas que se senten a partir de hoxe aquí veñan a pasalo ben”. Para conseguilo, a escola completará os obradoiros con masterclass e actos públicos en datas sinaladas. Amais, o alumnado verá algún dos seus traballos desenvolvidos durante os obradoiros nun libro que formará parte, tal e como explicou Castro, do catálogo comercial da Editorial Galaxia.
Sobre a capacidade da Escola de Letras de potenciar a creatividade e un novo modo de descubrir o mundo falaron tamén os demais docentes. Así, Diego Giráldez, que cualificou ao proxecto como “un dos grandes proxectos culturais que agromaron en Galicia”, amosou a súa “ilusión” por participar nesta iniciativa e adiantou o seu desexo de “darlle máis importancia á creatividade e sensibilidade neste mundo de sobreinformaicón e rapidez”. Neste eido tamén afondou Inma López Silva, outra das docentes da Escola, quen destacou que o que “imos ensinarlle ás persoas que veñan á escola é que a arte é unha forma de coñecer e achegarse ao mundo, animándoas a que desenvolvan unha actividade creativa a través das palabras”. No que respecta a Antonio García Teijeiro, o poeta destacou que “todas as persoas temos no noso interior unha capacidade poética que descoñecemos e nunca xorde por moitas razóns e esta é unha das cousas que máis me animan a participar nesta iniciativa: mostrar a capacidade que todas as persoas temos de ser poetas e ver a vida doutra maneira”.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL