O Pergamiño Vindel encheu na última semana a primeira páxina dos xornais e dos titulares nos telexornais, pero saberías explicar por que é tan importante para Galicia? A continuación respondemos ás sete preguntas máis habituais en torno a un documento único para a lingua galega e para o mundo.
O denominado “Pergamiño Vindel” é o documento orixinal que contén as sete cantigas de amigo do trobador galego Martín Codáx, cantigas que escribiu no século XIII. Na obra, chea de sensualidade e de referencias a ritos pagáns, unha moza manifesta o seu desexo de reencontrarse co seu namorado.
O pergamiño ten un incontestable valor social, histórico, lingüístico e cultural para Galicia e tamén para o mundo.
1. Trátase do único dos tres manuscritos medievais que se conservan na actualidade que integra texto xunto coa notación musical. Neste senso, o seu valor é soamente comparable co Cancioneiro da Ajuda e as sete cantigas de amor compostas polo rei de Portugal, Dom Dinis.
2. Os poemas foron escritos nunha soa peza de pergamiño e cando foi descuberto, o manuscrito foi a única cantiga con notación musical escrita no século XIII. Está polo tanto considerado como o cumio da poesía vernácula e a música non relixiosa.
3. É unha xoia para a lingua galega e a historia propia de Galicia. Cando foi escrito, aínda existia o Reino de Galicia e o pergamiño clarifica o papel protagonista do galego-portugués na cultura como lingua vehicular nos cancioneiros medievais. Representa o berce da lingua galega, e da unión efectiva, a través dos dous idiomas fillos do galego-portugués, de 200 millóns de falantes na actualidade.
O pergamiño ten unha dimensión de 34x45 centímetros e está escrito a catro columnas de 26,24,23 e 17 liñas, respectivamente. En total hai seis composicións líricas con notación musical (“Ondas do mar do Vigo”; “Mandad’ei comigo ca ven meu amigo”; “Mia yrrmana fremosa treides comigo”; “Ay Deus se sab’ora meu amado”; “Quantas sabedes amar amigo”; “Ay ondas que eu vin ver”) e unha séptima, “En o sagrad’e Vigo”, que carece de notación musical.
Unha das máis famosas e recoñecidas é, posiblemente, “Ondas do mar de Vigo”
Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ai Deus, se verrá cedo!
Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ai Deus, se verrá cedo!
O nome do pergamiño fai referencia ao seu descubridor. Dende a súa creación, nalgún momento da historia perdeuse completamente o rastro do documento até que no século XX, nomeadamente en 1914, o libreiro madrileño Pedro Vindel o atopa no interior dun exemplar do século XIV.
O Pergamiño Vindel foi comprado a finais da década dos 70 por The Morgan Library and Museum, momento no que o da a coñecer ao mundo. O centro comezou a súa historia como unha biblioteca privada do banqueiro e filántropo John Pierpont Morgan e actualmente conta coa colección de manuscritos medievais e renacentistas máis grande dos Estados Unidos e funciona coma un museo e una biblioteca de investigación independente.
O documento foi cedido á Universidade de Vigo en calidade de préstamo e estará exposto entre outubro de 2017 e marzo de 2018 no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, xunto a 40 pezas do século XII ao XV. Ademais, contemplase outras actividades coma un simposio internacional, conferencias, concertos, intervencións artísticas e publicacións co gallo de facer especial fincapé no valor do Pergamiño Vandel e a importancia de Vigo no mesmo.
Grazas ao Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo, o Pergamiño Vindel será traducido a 50 idiomas do mundo coma o armenio, o náhuatl, o francoprovenzal, o ruso, o xaponés, o árabe, o español, o inglés, o aranés, o sueco; o totonaco, o nasa-yawa, o azerí, o grego, o éuscaro, o sardo, o italiano, o francés, o maorí, o mirandés, o bengalí, o húngaro, o catalán, o turco ou o swahili entre outros idiomas.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL