Moaña ábrese para amosar os seus tesouros. O Concello presentou esta mañá unha nova tempada das rutas guiadas “Descubre Moaña”, un programa de roteiros de balde dirixidos por membros de A Illa dos Ratos e que permitirán coñecer algúns dos rincóns de máis beleza e historia da vila morracense. Nuns tempos no que se fomenta o turismo de proximidade, esta proposta de ocio é un dos plans máis destacados para os meses de xuño, xullo ou agosto. Ademais, “Descubre Moaña” chega con dúas grandes novidades: a ruta literaria “O último barco”, a exitosa obra de Domingo Villar, e o sendeiro de Rialdarca, un emprazamento para gozar da natureza que temos nas Rías Baixas. A concelleira de Turismo e Promoción Económica, Coral Ríos, explicou que practicamente todas as rutas comezarán ás 10:30 horas para que dea tempo á xente a facer as preguntas que consideren oportunas aos guías. A única actividade que comeza máis tarde será a da Intermareal de Tirán, que iniciará o percorrido ás 12:30 horas
O programa de rutas guiadas comeza o vindeiro domingo 7 de xuño cun percorrido polas “Canteiras do Litoral de Moaña” e prolongarase ata o 22 de agosto coa Intermareal de Tirán. O aforo de cada unha destas actividades dependerá da fase do plan de desescalada na que se atope a provincia de Pontevedra. Non obstante, Coral Ríos destaca a seguridade sanitaria nestes roteiros ao cumprir todos os protocolos que marcan as autoridades. “Descubre Moaña” son rutas de balde, pero é preciso inscrición previa. As interesadas e interesados deben apuntarse dende este domingo 31 de maio a través do correo electrónico info@ailladosratos.org ou escribindo por WhatsApp ao 611 080 853.
O turismo literario ocupa un papel fundamental nesta nova proposta de “Descubre Moaña”. Non é para menos. “O último barco”, o terceiro libro de Domingo Villar, é un éxito a nivel galego e nacional. Xente de tódalas partes ten curiosidade por visitar os escenarios da última aventura de Leo Caldas. O Concello de Moaña organiza agora este percorrido que terá lugar o domingo 21 de xuño, o domingo 12 de xullo e o domingo 9 de agosto. Coral Ríos destaca o impacto que tivo a presenza da vila morracense en “O último barco”. “O ano pasado tres de catro persoas que pasaban pola Oficina de Turismo preguntaban polos escenarios do libro”. Neste caso, os guías de A Illa dos Ratos levará aos participantes por lugares fundamentais na novela como a Igrexa de San Xoán de Tirán, o Mirador da Moma ou o Marusía, o restaurante que namorou a Leo Caldas.
Domingo 21 de xuño, domingo 12 de xullo e domingo 9 de agosto
Os amantes da natureza teñen nesta ruta unha nova forma de coñecer esa Moaña “verde”. O sendeiro Rialdarca non será soamente un encontro coa naturaeza, senón que tamén haberá protagonismo para o patrimonio etnográfico que contén este emprazamento, un lugar no que os membros de A Illa dos Ratos explicarán historias sobre esta senda que conectaba Moaña fai bastantes anos. Durante o percorrido, que terá unha duración aproximada de 90 minutos, explicarase, por exemplo, a utilización dos muíños, infraestruturas que forman parte deste tesouro medioambiental da vila morracense.
Domingo 18 de xullo.
Ao longo do percorrido os asistentes descubrirán a historia que agochan as antigas canteiras do litoral de Moaña e que foron a orixe do crecemento económico e social da vila. Co paso do tempo e o desmantelamento das canteiras, eses novos espazos serviron de ubicación para novas actividades empresariais relacionadas co mar, como no caso do estaleiro ASCON ou de Conservas A Guía.
Domingo 7 de xuño
Este percorrido de catro quilómetros, que arranca na desembocadura do río no areal da Xunqueira, continuará para dar a coñecer a importancia dos ríos, do seu ecosistema e do uso dos muíños. De feito, este sendeiro conta con até unha trintena de muíños que noutra época eran de vital importancia na agricultura do Morrazo.
Domingo 28 de xuño e sábado 25 de xullo
A visita apenas nos obrigará a camiñar, xa que soamente percorreremos a contorna da igrexa. Os asistentes descubrirán a historia das casas e como apareceron aí e outros elementos propios dun dos barrios senlleiros do municipio.
Sábado 4 de xullo
“Intermareal de Tirán”.Esta visita guiada, moi interactiva, está especialmente enfocada para toda a familia permitíndonos realizar un percorrido polas praias para coñecer a súa biodiversidade aproveitando para recoñecer bivalvos, crustáceos ou estrelas de mar.
Sábado, 22 de agosto (12:00h)
Galicia, que se prepara para disfrutar de una experiencia del mundo de Harry Potter, cuenta con dos tiendas especializadas en el mundo mágico
Una escapada al norte de Portugal realmente cerca de Vigo. Si buscas una excursión diferente, apúntate este curioso alojamiento
Galicia se impone a Gales, Eslovenia o Japón en este premio internacional. Este es el "road trip" que conquista el mundo entero
Si estás buscando escapadas en Galicia, apúntate este pazo que ha sido declarado BIC y ha logrado este año el Travellers' Choice de TripAdvisor
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL