O SonRías Baixas anunciou hoxe que, finalmente, non poderá celebrar a súa 18ª edición nas datas previstas, os días 30, 31 de xullo e 1 de agosto deste 2020. A evolución da crise sanitaria sen precedentes que estamos a padecer e a indefinición nas medidas que deben aplicar os festivais musicais na “nova normalidade” para garantir a seguridade do público asistente, das e dos artistas e do resto das persoas que traballan nun evento destas características obrigan a organización do festival de Bueu a a pospor o seu 18º aniversario aos días 5, 6 e 7 de agosto de 2021.
O equipo do SonRías Baixas traballa xa no cartel artístico do próximo ano e aínda que non poden garantir “que o programa de 2021 sexa idéntico ao previsto para a edición 2020”, hoxe anunciaron que Kase.O. actuará no SonRías Baixas 2021 e que a maioría dos artistas que se anunciaran para esta edición están amosando a súa predisposición para adaptarse ao novo calendario. Considerado con frecuencia o mellor rapeiro en lingua hispana do mundo, Kase.O é unha icona do hip hop non comercial español dende hai máis de 20 anos. O SonRías confirma así que mantén en cartel un dos pratos fortes desta edición, a proposta máis persoal, sincera, valente e arriscada coa que quen fora integrante dos míticos Violadores del Verso conseguiu un disco de ouro, foi nomeado aos Grammy Latino e bateu récords de asistencia en espazos paradigmáticos como o Wizink Center Madrid ou o Palau Sant Jordi Barcelona.
A organización comunicoulles a confirmación de Kase.O. no cartel do festival, en primicia, ás persoas que compraron a súa entrada para gozar coa música e a praia este verán de 2020, anunciándolles tamén que as entradas compradas valerán para o SonRías Baixas 2021 e que as persoas que decidan conservalas recibirán unha pequena compensación, pola súa fidelidade e confianza. “E é que”, explícanlle dende o SonRías Baixas ao seu público, “se conservades a vosa entrada, axudádesnos a sobrepornos nun momento de gran dificultade e dádesnos forzas para seguir soñando para vós tres días e tres noites inesquecibles de música, praia e sorrisos”. Para as persoas que queiran axudar a organización do festival e conservar a súa entrada pero non saiban seguro se poderán asistir ao festival nas novas datas, habilitarase a opción de cambio de nome un par de meses antes do SonRías Baixas 2021, coa opción de cedela ou regalala a outra persoa.
As persoas que non queiran ou non poidan conservar os seus tickets, poden solicitar o reembolso íntegro do importe seguindo as instruccións que lles chegaron á dirección de correo electrónico empregada no momento de comprar a entrada, antes do luns 8 de xuño ás 23:59h. Unha vez finalizado o prazo de solicitude, a organización comezará co reembolso dos cartos, que non deberá demorarse máis 5 días. A información está recollida na web do SonRías Baixas e o correo de consulta é festival@sonriasbaixas.info.
“Lamentamos moitísimo os inconvintes que esta situación vos poida causar”, asegura a organización do festival nun comunicado, “pero a saúde do noso público, dos artistas e do resto das persoas que colaboran co festival é o máis importante para nós. Sodes a nosa familia. Traballamos todo o ano para poder compartir con vós tres días e tres noites de música, de praia e de amizade, o festival que a nós nos gustaría gozar como público. Non poder facelo este ano pártenos o corazón”.
“E sabemos que público, artistas e organización non somos os únicos afectados por esta situación”, continúan. O SonRías Baixas congregou o pasado mes de agosto en Bueu a 22.065 persoas, xerando na comarca un impacto superior ao millón de euros, cunha ocupación hoteleira do 100% e cos establecementos da vila ateigados de festivaleiros e festivaleiras de toda Galicia e do resto do Estado. “Este verán non poderemos achegar esa riqueza económica e cultural á nosa terra”, lamenta o equipo do SonRías dende Bueu, “e iso prodúcenos, tamén, unha enorme tristeza”.
A organización do festival manifesta o seu agradecemento ao público, pola súa paciencia e polas mensaxes de ánimo que están recibindo nun momento tan difícil e incerto para o sector. E agradece, tamén, a preocupación e o apoio amosado polas institucións públicas que patrocinan o evento, nomeadamente o Concello de Bueu, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra.
Una ruta nocturna por las calles del conjunto histórico de Tui llega con misterio, sorpresas y muchos sustos
Los vecinos de Vigo se han encontrado estos días con una propuesta de ocio que amenaza con brillar más que las luces. de Navidad ¡Es esta!
Una exposición de calacús, túnel del terror para todas las edades y música para celebrar un terrorífico Samaín en Porriño
Llega el tiempo de comer cocido y A Cañiza ya pone fecha para disfrutar de este plato típico de la gastronomía gallega en estos ocho locales
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL