Cultura en tempos de pandemia. Si, é posible. Durante o confinamento, os libros, a música ou o cinema foron, en moitas ocasións, a forma de amenizar a corentena. A pesar do seu protagonismo na nosa vida durante todos eses día, o sector cultural foi un dos máis damnificados pola crise sanitaria do COVID19. Ante esa situación de dificultade, Culturactiva I+D deseña unha serie de propostas adaptadas á nova realidade, tales como os Contos por teléfono, os Concertos verticais para ver dende os balcóns ou os Espectáculos por streaming, realizados en directo dende os teatros para un público que asiste a través das pantallas.
“Estamos convencidas de que neste momento é imprescindible buscar novos xeitos de programar, non a través de Internet, senón tamén reinventando a música ou o teatro de rúa, sempre respectando as medidas de seguridade”, sinalan dende Culturativa.
O 2 de maio realizaron con éxito o primeiro espectáculo por streaming de Galicia, cunha actuación do Mago Teto dende o Auditorio Municipal de Vilalba. Máis de 200 persoas conectáronse en directo para ver o show que se retransmitía dende unha sala baleira, con cinco cámaras e realización en directo. A experiencia foi tan positiva que outros concellos decidiron apostar por esta nova fórmula: ofreceron tres espectáculos para celebrar o Día das Letras Galegas con Baobab Teatro e o Mago Teto dende Soutomaior, Vilariño de Conso e Vilalba.
Con eses mesmos obxectivos nacen os Contos por teléfono. Ante a imposibilidade do contacto tradicional entre artistas e público, esta iniciativa da compañía Rilo&Penadique só precisa dun móbil, ordenador ou calquera outro dispositivo con conexión a Internet para levar a maxia das historias ás casas dos cativos e cativas. Culturactiva S. Coop. Galega ofrécelle aos Concellos galegos este proxecto, para que acheguen aos seus veciños e veciñas o mellor da narración oral.
E cos Contos verticais a música en vivo volta ás rúas das cidades con actuacións musicais compatibles coas restricións actuais de mobilidade social. Os mellores grupos de rúa do país farán concertos itinerantes e divertidos para un público que gozará deles dende os seus balcóns e ventás. Ademais poderanse retransmitir por streaming, chegando así a todos os recunchos da vila e facilitando o contacto entre a veciñanza que se verá a través das pantallas.
Reivindican a "excelsa calidade" da obra de Ledicia Costas, "unha das máis lidas e premiadas do panorama literario galego
Josefa, que actuó con artistas como Manu Chao, Cristina Pato o Susana Seivane, fue una de las líderes del movimiento musical y cultural 'Bravú
Concibió a su hija como un proyecto para crear a la mujer del futuro, Hildegart, quien fue niña prodigio de la República
La cita busca consagrase como el mayor festival de cine de Vigo y uno de los pocos eventos dedicados al séptimo arte que existen en la ciudad
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL