As Neves vén de instar ao grupo Abanca que reconsidere a súa decisión de abrir soamente dous días á semana a súa oficina no municipio. O goberno municipal denuncia que se están a producir aglomeracións e colas derivadas de esa decisión que fan que sexa "moito máis difícil cumprir coas medidas sanitarias e que causan que calquera xestión tarde máis dunha hora, algo que non se produciría se a sucursal abrise os cinco días laborais da semana".
O Concello amosa así “o seu desacordo total” coa decisión da dirección da oficina de Abanca de non abrir ao público de luns a venres e seguir atendendo ás veciñas e veciños que son clientes desta entidade só dous días á semana.
De xeito reiterado, dende o inicio do 'Estado de Alarma', o propio alcalde da localidade, Xosé Manuel Rodríguez, contactou cos responsábeis de Abanca para que se modificaran os días de apertura, facéndoos coincidir cos días de mercado e insistindo tamén para que a apertura se estendese aos cinco días da semana.
A dirección da oficina non amosou disposición algunha de modificar a situación actual, algo que o Concello considera inxustificado, considerando que hai outra entidade financeira nas Neves que si abre os cinco días da semana e, ademais, un menosprezo ás veciñas e veciños e un agravio con respecto a outros concellos nos que Abanca si atende nas súas oficinas de luns a venres.
Dende o Concello lémbrase que estamos diante dun servizo moi necesario, aínda máis atendendo á tipoloxía da poboación das Neves, o que non fai factible remitir aos seus clientes á “banca electrónica” ou ao caixeiro automático.
Por todo isto, o goberno municipal insta aos responsábeis de Abanca a adaptar as instalacións da oficina das Neves para que cumpran coas medidas hixiénico sanitarias establecidas e a abrir ao público de luns a venres no seu horario habitual.
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL