Este domingo, 3 de maio, debería celebrase no Concello de Salceda a sétima edición da “Corre X Salceda”, a carreira que cada ano congrega no municipio a máis de 800 deportistas de tódalas idades. Sen embargo, nesta ocasión, o confinamento manda, pero dende o Concello de Salceda non están dispostos a renunciar á súa proba deportiva máis destacada, polo que veñen de lanzar unha innovadora iniciativa, que deron en chamar “Corre X Salceda, edición virtual contra o coronavirus”. E é que a carreira tiña cada ano un fin solidario, fin que se máis preciso que nunca nestes momentos.
Así pois, dende o Concello e dende as Escolas Deportivas, coa colaboración de diversos clubes deportivos do municipio organízase unha proba virtual deportivo-solidaria para recadar fondos para o Programa de Alimentos do Concello de Salceda de Caselas destinados integramente a mitigar os efectos da pandemia do COVID19. O reto é que as persoas que queiran participar suban imaxes (fotos ou vídeos) ás redes sociais facendo deporte (calqueira deporte), mencionando a Corre X Salceda edición virtual e usando o hashtag #DeporteNacasa. O prazo para facelo vai dende o domingo 3 ata o domingo 10 de maio ás 14:00 horas.
Pero o importante da proba é tamén o seu fin solidario, para o que tódalas persoas que desexen participar deberán inscribirse na plataforma de Championchipnorte (preme aquí), facendo unha aportación solidaria dun mínimo de 2 euros, coa que participarán tamén o día 10 no sorteo de diferentes agasallos: dorsais para carreiras ou camisetas.
Salceda pon en marcha deste xeito unha iniciativa pioneira en tempos de confinamento, co convencemento de que servirá ademais para darlle un importante pulo ao programa de alimentos municipal, que dende o inicio da pandemia case viu duplicadas as familias ás que presta atención.
O concelleiro de Deportes, Rubén González, quixo agradecer de xeito especial a implicación e colaboración dos diferentes clubes e deportistas de Salceda, que dende o primeiro momento amosaron a súa boa disposición e as súas ganas de colaborar nesta novidosa proba.
Pola súa banda, Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda destaca que o municipio "sempre destacou polo seu dinamismo social, e esta proba é unha boa mostra. Animamos a salcedenses e a veciñanza doutros municipios a que se sumen e se animen a participar nesta iniciativa solidaria, moi importante nos complicados momentos que estamos a vivir”.
Las aportaciones del Plan Extraordinario de Infraestructuras Deportivas se otorgarán en régimen de concurrencia no competitiva
El equipo vigués recibe al otro coloso de la Liga, el FC Barcelona, el sábado 23 de noviembre a las 21:00 horas
El Celta "pica" al Real Madrid con el único título europeo que jamás puede tener, un trofeo que expondrá este sábado en Balaídos
El Celta "apuntala" su proyecto con la renovación de Claudio Giráldez hasta junio de 2027 y lo anuncia con este vídeo
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL