Salceda de Caselas vén de adquirir un cargamento de 5.000 máscaras homologadas co obxectivo de repartilas entre a poboación. Para poder chegar á toda a poboación, o Concello solicitou tamén á Xunta de Galicia outro lote de 4.500 unidades. O lote mercado polo goberno municipal a distinto provedores recibirase na vindeira semana, pero non se distribuirá até que se poida garantir á seguridade sanitaria.
Dende o goberno municipal, destácase que "ao longo destas últimas semanas, o Concello xa puxo a disposición da poboación máis exposta máis de 3.000 máscaras e, do mesmo xeito, distribuíronse entre as e os traballadores e autónomos máis de 1.000 seguindo os protocolos de reparto establecidos dende o goberno do Estado, a través da policía local e protección civil".
O Concello de Salceda disporá das máscaras ao longo desta semana despois dun "longo traballo para conseguilo", dadas as dificultades que teñen moitas empresas provedoras para contar con máscaras homologadas. En todo caso, lembran dende o equipo de goberno e o comité de seguemento do COVID 19, do que forma parte o persoal sanitario, que a día de hoxe segue vixente o estado de alarma e as persoas que teñen que permanecer nos seus domicilios non precisan deste tipo de protección.
"As múltiples noticias sobre reparto masivo de mascarillas ás que estamos asistindo nas últimas semanas, conlevan o serio risco de que a poboación sinta unha falsa sensación de seguridade por levar unha mascarilla", explican. Por iso, recordan que "non se deben esquecer as medidas fundamentais que realmente garanten a seguridade". Nomeadamente, nanter a distancia social mínima e extremar as medidas de hixiene.
Cando "sexa preciso e se conte con material suficiente", o Concello organizará o reparto con "todas as garantías sanitarias, evitando situacións que poidan propagar en maior maneira o virus, como pode ser o reparto masivo porta a porta por parte de numerosas persoas”. A rexedora local, Loli castiñeira, explica que “a adquisición destas 9.500 unidades de máscaras de protección faise para o momento en que se comecen a flexibilizar as medidas do estado de alarma e a veciñanza poida saír, de xeito controlado, ás rúas, e as autoridades sanitarias establezan a recomendación ou obrigatoriedade de empregalas".
Los operarios apuran la instalación de los elementos que forman el idílico mercado la Navidad de Vigo, el Cíes Market
Ningún secreto se guarda mejor en Vigo que la fecha del encendido de las luces de Navidad. ¿Cuándo será?
Caballero anuncia que ya comenzó la tramitación urbanística de un ámbito que incluirá zonas verdes y una plaza pública
¿Tienes un negocio en Vigo y te apasiona la Navidad? Puedes participar en este concurso para sorprender a tus clientes y llevarte un gran premio
La UVigo abre este sábado su programa de rutas culturales con una andaina por algunas de las playas más importantes del norte de Portugal
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL